Subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración - 2021


  • 04/02/2021
  • 04/03/2021
Accede desde aquí

TU503A - Subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración

Data de publicación: 04/02/2021

Data inicio de solicitude: 05/02/2021

Data remate de solicitude: 04/03/2021

Obxecto

As bases teñen por obxecto convocar as subvencións para a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para a mellora das infraestruturas dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia.

En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:

a) Os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural e albergues turísticos, de acordo co artigo 55.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

b) As empresas de restauración que se enmarquen dentro do grupo I do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

Características da axuda

Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2021 e en ningún caso se admitirán nin facturas nin xustificantes de pagamento anteriores a dita data.

En concreto, poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta resolución, os seguintes investimentos:

1. Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

2. Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de Calidade Turística.

3. Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.

4. Actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento do contorno da instalación.

5. Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento.

6. Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético, así como a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire.

7. Actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización do establecemento.

8. Adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servizos.

Ademais dos gastos de obra vencellados coa execución do proxecto, serán gastos subvencionables os servizos profesionais vinculados ao proxecto, como honorarios técnicos de redacción do proxecto e de dirección de obra. Os honorarios técnicos non serán superiores ao 6 % do investimento neto admitido.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), o establecemento turístico para o que se solicita a axuda, en base aos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.


Publicación DOG Ficha sede

Válido desde: 
Jueves, 4 Febrero, 2021
Válido hasta: 
Jueves, 4 Marzo, 2021