Préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia - 2021


  • 06/05/2021
  • 30/12/2021
Accede desde aquí

IG408B - Préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia - 2021

Data de publicación: 06/05/2021

Data inicio de solicitude: 07/05/2021

Data remate de solicitude: 30/12/2021


Obxecto

As bases teñen por obxecto aprobar e convocar os préstamos directos do Igape para o financiamento empresarial e establecer varias modalidades de préstamos.

Características da axuda

O Igape poderá financiar proxectos empresariais, ou outro tipo de actuacións vinculadas a unha actividade económica, viables para implantar na Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran ademais os requisitos específicos establecidos no anexo I para cada modalidade de préstamo.

Serán financiables os investimentos e gastos que cumpran os requisitos destas bases, realizados e pagados unha vez presentada a solicitude, e dentro do prazo concedido para a execución do proxecto.

Actividades financiables: os proxectos financiables deberán estar vinculados ás actividades establecidas como financiables, que serán as sinaladas no anexo I para cada unha das modalidades de préstamo, independentemente de calquera outra que, ademais, desempeñe o solicitante. 

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias dos préstamos regulados nestas bases aquelas empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Cumpran as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo, conforme os requisitos que se detallan no anexo I.

c) Acheguen para o proxecto de investimento unha contribución financeira mínima do 25 % do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público.

Para as modalidades de préstamo especificamente indicadas no anexo I, poderán ser tamén beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, agrupacións de interese económico, as sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos anteriores.


Publicación boletín Ficha sede

Válido desde: 
Jueves, 6 Mayo, 2021
Válido hasta: 
Jueves, 30 Diciembre, 2021