Subvencións para proxectos de investimento en actividades non agrícolas - 2022
- 25/01/2022
- 25/02/2022
-
Etapa
MR708A - subvencións para proxectos de investimento en actividades non agrícolas - 2022
Data de publicación: 25/01/2022
Data inicio de solicitude: 26/01/2022
Data remate de solicitude: 25/02/2022
Obxecto
Esta resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as subvencións a proxectos de investimento en actividades non agrícolas, que se xuntan a esta resolución como anexo I da Resolución publicada.
Os proxectos poderanse localizar en calquera territorio de Galicia, agás nas parroquias que se indican a continuación:
Parroquia |
Concello |
Parroquia |
Concello |
TEMPLE (EL) (SANTA MARIA) |
A Coruña |
OURENSE |
Ourense |
CORUÑA (A) |
A Coruña |
MONTEALEGRE (LA MILAGROSA) |
Ourense |
OZA (SANTA MARIA DE) |
A Coruña |
VISTA FERMOSA (SAN XOSE) |
Ourense |
VIÑAS (SAN CRISTOBAL DAS) |
A Coruña |
PONTEVEDRA |
Pontevedra |
VISMA (SAN PEDRO DE) |
A Coruña |
LEREZ |
Pontevedra |
ALMEIRAS (SAN XIAN) |
Culleredo |
MOURENTE |
Pontevedra |
BURGO (O) (SANTIAGO) |
Culleredo |
SALCEDO |
Pontevedra |
RUTIS (SANTA MARIA) |
Culleredo |
VIRXE DO CAMIÑO (A) |
Pontevedra |
FERROL |
Ferrol |
POIO (SAN SALVADOR P.) |
Poio |
TRASANCOS (SANTA ICIA) |
Ferrol |
VIGO |
Vigo |
NARON |
Narón |
ALCABRE |
Vigo |
PERILLO (SANTA LEOCADIA) |
Oleiros |
CANDEAN |
Vigo |
SANTIAGO DE COMPOSTELA |
Santiago Compostela |
CASTRELOS |
Vigo |
SANTIAGO (SAN CAETANO) |
Santiago Compostela |
COMESAÑA |
Vigo |
SANTIAGO (SAN LAZARO) |
Santiago Compostela |
FREIXEIRO |
Vigo |
SANTIAGO (SAN XOAN DE FORA) |
Santiago Compostela |
LAVADORES |
Vigo |
LUGO |
Lugo |
NAVIA |
Vigo |
VALENZA (A) (SAN BERNABE) |
Barbadás |
SARDOMA |
Vigo |
|
|
TEIS |
Vigo |
Características da axuda
Serán subvencionables os proxectos destinados á:
a) Adquisición de maquinaria e equipamento co obxectivo de mellorar, ampliar e/ou modernizar pequenas empresas que desenvolven actividades produtivas non agrarias nos seguintes sectores e ámbitos de actividade:
1º) Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.
2º) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de funcionamento da Unión Europea (TFUE). Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 60.000 €.
3º) Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos de maquinaria agrícola e forestal e das empresas de servizos enerxéticos.
4º) Prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas-escola...).
5º) Actividades de ocio, recreativas e deportivas.
6º) Artesanía e actividades artesanais.
7º) Actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico.
8º) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.
9º) Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.
b) Posta en marcha de novas actividades empresariais non agrícolas nas aldeas modelo declaradas con anterioridade á publicación da correspondente convocatoria destas axudas, nos mesmos sectores e ámbitos de actividade sinalados na letra a).
A axuda será do 45 % dos gastos subvencionables.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro destas bases reguladoras, sempre que cumpran os demais requisitos previstos nelas:
a) As microempresas e as pequenas empresas situadas en zonas rurais e constituídas con anterioridade ao 1 de setembro de 2021.
b) Persoas físicas que residan nunha zona rural.
c) Titulares dunha explotación agraria, ou membros da súa unidade familiar, que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.