Plan Galicia. Incentivos á contratación por conta allea e á formación - 2022


  • 28/01/2022
  • 30/09/2022
Accede desde aquí

TR342C - Incentivos á contratación por conta allea e á formación - 2022

Infografía explicativa

Data de publicación: 28/01/2022

Data inicio de solicitude: 29/01/2022

Data remate de solicitude: 30/09/2022

Obxecto

Esta orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as subvencións que favorezan a contratación de persoas desempregadas na empresa ordinaria e especialmente daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral establecidas pola Consellería de Emprego e Igualdade, coa finalidade de seguir paliando os prexuízos derivados dos efectos da pandemia provocada pola COVID-19 sobre o mercado de traballo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2022 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Características da axuda

Liña de incentivos á contratación por conta allea.

Inclúe catro tipos de axudas compatibles entre si, sempre que a persoa traballadora pola que se solicitan os incentivos non sexa a mesma:

1. Incentivos á contratación indefinida inicial, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas mozas, persoas desempregadas de longa duración, mulleres desempregadas e persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.

2. Incentivos á contratación temporal, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación temporal de persoas desempregadas mozas, persoas desempregadas de longa duración, mulleres desempregadas e persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.

3. Incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos só no caso das persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.

4. Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas iniciais a tempo parcial só no caso das persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.

Liña de incentivos ás accións formativas no centro de traballo (opcional).

As empresas que así o soliciten poderán ser beneficiarias dun incentivo para a formación, tanto na modalidade presencial como na modalidade de teleformación, das persoas traballadoras subvencionadas por medio dos incentivos á contratación indefinida inicial e temporal previstos.

Persoas beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten persoas traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen na orde.

Tamén poden ser beneficiarios dos incentivos os centros especiais de emprego, excepto para facer contratos con persoas con discapacidade e as empresas de inserción laboral excepto para facer contratos con persoas con discapacidade.


Publicación DOG Ficha informativa sede electrónica

Válido desde: 
Viernes, 28 Enero, 2022
Válido hasta: 
Viernes, 30 Septiembre, 2022