Axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a RSE - Liña I Elaboración e implantación de plans de igualdade - 2022


  • 04/02/2022
  • 04/03/2022
Accede desde aquí

TR357C - Axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a RSE - Liña I Elaboración e implatanción de plans de igualdade - 2022

Data de publicación: 04/02/2022

Data inicio de solicitude: 05/02/2022

Data remate de solicitude: 04/03/2022

Obxecto

Esta orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas para a elaboración e implantación de plans de igualdade nos termos definidos no capítulo III do Real decreto 901/2020, do 13 de outubro, polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro, e se modifica o Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

Características da axuda

Esta Liña I Conciliación Elaboración e implantación de plans de igualdade, se poderán subvencionar:

a) Os custos da elaboración dunha diagnose da empresa desde a perspectiva de xénero. Esta diagnose será elaborada segundo o establecido no artigo 7 do Real decreto 901/2020, do 13 de outubro, polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro, e se modifica o Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

b) Os custos derivados da elaboración dun plan de igualdade que recolla as accións ou medidas que corrixan as deficiencias detectadas na diagnose previa e que, como mínimo, deberá conter as medidas establecidas no capítulo III do Real decreto 901/2020, do 13 de outubro, polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro, e se modifica o Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

c) Os custos derivados da primeira fase da implantación das medidas prioritarias previstas no plan de igualdade que xa teña aprobado a entidade. Non poderá solicitarse axuda por este concepto na mesma convocatoria en que se soliciten os supostos a) e b).

d) A contratación, no grupo de cotización 1 ou 2, a xornada completa e como mínimo dun ano dunha persoa con titulación de grao e con experiencia e/ou coñecementos acreditados en materia de igualdade, co obxecto de asesorar e coordinar en calquera das fases de elaboración e implantación do plan de igualdade.

A contía da axuda poderá acadar os seguintes importes:

a) Ata o 80 % dos custos que leve consigo o proceso de diagnose previa da empresa cun máximo de 3.000 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata de 5.000 € nos demais supostos.

b) Ata o 80 % dos custos derivados da elaboración dun plan de igualdade, cun máximo de 1.500 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata de 3.000 € nos demais supostos.

c) Ata o 80 % dos custos derivados da implantación das medidas prioritarias previstas na primeira fase do plan de igualdade cun custo máximo de 1.000 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata 2.000 € nos demais supostos.

d) Unha contía de 12.000 € pola contratación como mínimo dun ano dunha persoa experta en igualdade.

Persoas beneficiarias

As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas.

No caso desta liña I, as empresas deberán contar como mínimo con 10 persoas traballadoras e cun máximo de 49.

Para os efectos de determinar o número de persoas traballadoras na empresa, atenderase ao número de persoas traballadoras por conta allea na data da presentación da solicitude.

As solicitantes deberán atoparse nalgún dos supostos seguintes:

a) Empresas que implanten dunha maneira voluntaria un plan de igualdade nos termos exixidos para os plans legalmente obrigatorios. Para estes efectos, enténdese voluntaria a implantación do plan de acordo co procedemento de negociación establecido segundo o artigo 5 do Real decreto 901/2020, do13 de outubro, polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro, e se modifica o Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

b) Cando a empresa implante, en cumprimento da obrigación establecida nun convenio colectivo de ámbito superior á empresa, un plan de igualdade nos termos exixidos para os plans legalmente obrigatorios.


Publicación DOG

Publicación corrección DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido desde: 
Viernes, 4 Febrero, 2022
Válido hasta: 
Viernes, 4 Marzo, 2022