Axudas destinadas a novos proxectos empresariais de empresas innovadoras liderados por mulleres - 2022


  • 08/02/2022
  • 19/04/2022
Accede desde aquí

BDNS609260 - Axudas destinadas a novos proxectos empresariais de empresas innovadoras liderados por mulleres - 2022

Data de publicación: 08/02/2022

Data inicio de solicitude: 17/02/2022

Data remate de solicitude: 19/04/2022

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto publicar a convocatoria das axudas á posta en marcha de novos proxectos empresariais de empresas innovadoras liderados por mulleres que requiran o uso de tecnoloxías ou coñeciementos desenvolvidos a partires da actividade investigadora e nos que a estratexia de negocio se base no desenvolvemento de tecnoloxía.

Características da axuda

As axudas poderán destinarse a proxectos empresariais en calquera ámbito tecnolóxico e/ou sectorial. Non obstante, non se adecúan a esta convocatoria os proxectos empresariais cuxo modelo de negocio se base primordialmente en servizos a terceiros, sen desenvolvemento de tecnoloxía propia.

Tampouco serán obxeto de axuda aquelas iniciativas que non reflictan claramente no seu su plan de empresa a continuidade no desenvolvemento de tecnoloxía.

As axudas desta convocatoria consistirán en subvencións. O financiamento concedido terá os seguintes límites:

Con carácter xeral poderase financiar até o 70% do orzamento elegible da actuación, cun importe máximo desubvención de 250.000 euros por entidade beneficiaria. A actuación deberá ter un orzamento financiable mínimo de 175.000 euros.

As axudas solicitaranse para actuacións anuais ou plurianuais. En todo caso, as actuacións subvencionables deberán iniciarse a partir 1 de xaneiro de 2023, e poderán finalizar o 31 de decembro de 2023, no caso de que o proxecto teña unha duración dun ano, ou ben o 31 de decembro de 2024, se o proxecto ten unha duración de dous anos.

As axudas serán incompatibles con calquera outra axuda NEOTEC previa ou posterior á concedida en virtude da presente convocatoria.

Financiaranse os custos derivados da posta en marcha dun novo proxecto empresarial de empresas innovadoras, sempre que estean incluídos no plan de empresa e sexan necesarios para o desenvolvemento do mesmo.

Poderanse financiar os seguintes gastos:

Investimentos en equipos, gastos de persoal, nos termos recolleitos no Anexo II da convocatoria, materiais, colaboracións externas / asesoría e outros custos como: alugueres, subministracións, canons e licenzas, gastos de solicitude e mantemento de patentes e outros dereitos de propiedade industrial, seguros e gastos derivados do informe de auditor.

Persoas beneficiarias

Poderán adquirir a condición de beneficiarias as pequenas empresas innovadoras lideradas por mulleres segundo os termos previstos no Anexo I da convocatoria,  constituídas como máximo no tres anos anteriores á data de peche do prazo de presentación de solicitudes de axuda á presente convocatoria, cun capital social mínimo, ou capital social máis prima de emisión ou asunción, de 20.000 euros, desembolsado integramente, e inscrito totalmente no rexistro correspondente antes da presentación da solicitude.

Así mesmo, deberán acharse ao corrente no cumprimento das obrigacións de depósito de contas anuais, tanto individuais como consolidadas, no seu caso, no Rexistro Mercantil ou rexistro oficial correspondente á data de finalización do prazo de presentación das solicitudes de axuda da convocatoria.


Publicación BOE Ficha informativa sede electrónica

Válido desde: 
Martes, 8 Febrero, 2022
Válido hasta: 
Martes, 19 Abril, 2022