Axudas para a internacionalización dixital das empresas galegas - Galicia Exporta Dixital 2022
- 25/02/2022
- 25/04/2022
-
Etapa
IG401D - Axudas para a internacionalización dixital das empresas galegas - Galicia Exporta Dixital 2022
Data de publicación: 25/02/2022
Data inicio de solicitude: 26/02/2022
Data remate de solicitude: 25/04/2022
Obxecto
Esta resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas para apoiar as empresas galegas nos seus procesos de internacionalización dixital conscientes de que o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais supón un enorme potencial para a mellora da competitividade nos mercados internacionais, considerando que o desenvolvemento de plans empresariais de internacionalización dixital repercuten nas posibilidades de negocio, posibilitando a presenza en mercados, facilitando o aceso a clientes, reducindo os custos de transacción e publicidade, e permiten abrir canles comerciais novas, proporcionando así medios máis eficaces para a potenciación de actividades económicas internacionais e o incremento das exportacións.
O obxecto último destas bases é o desenvolvemento e a implementación dun plan de internacionalización dixital de empresa, e as necesidades específicas en materia de márketing dixital internacional.
Características da axuda
Consideraranse gastos subvencionables todos aqueles que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento do plan para o cal foron concibidos e deberán cumprir os requisitos establecidos na Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
En concreto, subvenciónanse os seguintes tipos de gastos:
A. Consultoría necesaria para a elaboración de:
a) Diagnóstico de potencial exportador dixital.
b) Plans de internacionalización dixital multicanle.
c) Plans de mercados electrónicos concretos.
d) Gastos de asesoría xurídica e legal para a internacionalización dixital.
B. Aplicacións informáticas:
a) Soluciones tecnolóxicas P.I.M. (Product Information Management) para crear, xestionar e conectar catálogos dixitais internacionais multi-idioma.
b) Adquisición, programación a medida e integración de conectores entre plataformas e con sistemas de información (ERP).
c) Solucións de analítica e visualización de datos para elaborar cadros de mando con indicadores (KPI's) para o seguimento e optimización de canles de vendas e de márketing en liña.
d) Solucións de intelixencia automatizada para a optimización da supply chain e do fullfillment, por exemplo, para a venda preditiva e o aprovisionamento.
C. Outros gastos de:
a) Creación e adaptación catálogos en liña para o márketing e vendas en mercados electrónicos obxectivo, tanto B2B como B2C.
b) Campañas de posicionamento SEM en directorios internacionais con buscadores e en plataformas, incluídos os gastos de axencia.
c) Solucións de software de pagamento por uso das mencionadas na epígrafe B.
d) Solucións de inbound márketing internacional para lograr captar, reter, converter e fidelizar a usuarios de interese obxectivo do negocio en liña.
e) Creación e adaptación de tendas en liña.
Só se poderá presentar e aprobar unha solicitude por empresa, cun gasto subvencionable mínimo igual ou superior a 18.000 € e máximo de 100.000 € por empresa. De superar este máximo, procederase a axustalo a este límite máximo. No caso de empresas do sector da produción agraria e da pesca o gasto subvencionable mínimo debe ser igual ou superior a 14.000 € e máximo de 37.500 € no caso de empresas do sector da pesca e 25.000 € no caso de empresas do sector da produción agraria. De superar este máximo, procederase a axustalo a este límite máximo.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión.
b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia e que teñan no mesmo, antes da solicitude da axuda, polo menos tres traballadores por conta allea.
c) Que teñan un importe de facturación no último exercicio con obriga de depósito de contas anuais no Rexistro Mercantil, ou de presentación da declaración da renda, como mínimo do dobre do orzamento do proxecto presentado pola empresa na súa solicitude de axuda.
d) Que teñan capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
e) Que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.
f) Tamén poderán ser beneficiarias aquelas pemes dedicadas ao comercio retallista, que non precisan estar dadas de alta en programas do punto anterior.