Préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia - 2022
- 08/04/2022
- 30/12/2022
-
Etapa
IG408B - Préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia - 2022
Data de publicación: 08/04/2022
Data inicio de solicitude: 09/04/2022
Data remate de solicitude: 30/12/2022
Obxecto
Esta Resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar os préstamos directos do Igape para o financiamento empresarial, establecendo varias modalidades de préstamos.
Características da axuda
O Igape poderá financiar actuacións empresariais vinculadas a unha actividade económica, viables, para implantar na Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran, ademais, os requisitos específicos establecidos no anexo I para cada modalidade de préstamo.
Serán financiables os investimentos e gastos que cumpran os requisitos destas bases, realizados e pagados unha vez presentada a solicitude, e dentro do prazo concedido para a execución da actuación.
Non serán financiables as meras substitucións de bens sen unha mellora produtiva, os traslados de centros produtivos que non supoñan unha mellora na capacidade produtiva ou na competitividade, os gastos de amortización, o saneamento de contas, nin o financiamento ou o refinanciamento de débedas.
Actividades financiables: as actuacións financiables deberán estar vinculadas aos sectores establecidos como financiables, que serán os sinalados no anexo I para cada unha das modalidades de préstamo, independentemente de calquera outra que, ademais, desempeñe o solicitante.
As características específicas de cada modalidade de préstamo serán as detalladas no anexo I da Resolución.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias dos préstamos regulados aquelas empresas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto da actuación que se vai financiar, localizada na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Cumpran as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo, conforme os requisitos que se detallan no anexo I.
c) Acheguen para a actuación unha contribución financeira mínima do 25 % do custo total, exenta de calquera tipo de apoio público.