Subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas - 2022
- 18/05/2022
- 20/06/2022
-
Etapa
TR301P - Subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas - 2022
Data de publicación: 18/05/2022
Data inicio de solicitude: 19/05/2022
Data remate de solicitude: 20/06/2022
Obxecto
Esta resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as subvencións das accións formativas para o emprego en unidades formativas nas empresas e con compromiso de contratación.
Enténdese por unidade formativa da empresa, a formación con compromiso de contratación impartida con medios propios da beneficiaria, ou a través dunha entidade contratada nos termos establecidos, que teña por obxecto a realización das accións formativas solicitadas e relacionadas coa súa actividade empresarial.
Características da axuda
Serán subvencionables as accións formativas para o emprego con compromiso de contratación na Comunidade Autónoma de Galicia, que garden relación coa actividade empresarial das entidades solicitantes e estean incluídas no Catálogo de especialidades formativas no marco do Sistema de formación para o emprego no ámbito laboral.
Para estes efectos, poderán solicitarse especialidades formativas non conducentes á obtención de certificados de profesionalidade incluídas no Catálogo de especialidades formativas no marco do Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral.
Así mesmo, poderán solicitarse especialidades formativas non dirixidas á obtención de certificados de profesionalidade que non estean incluídas no Catálogo de especialidades formativas.
Cada acción formativa incluirá o compromiso de contratación, nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia, dun mínimo do 40 % do alumnado aprobado e/ou formado, atendendo á definición que de ambos os perfís se recolle na orde, arredondado ao enteiro superior.
O contrato de traballo concertarase por tempo indefinido. No suposto de contrato por tempo indefinido a tempo parcial, o mínimo da xornada será do 50 % da correspondente a unha persoa traballadora a tempo completo comparable.
Persoas beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, e as agrupacións temporais de empresas que presenten solicitude conxunta, mediante un convenio que acredite a correspondente agrupación.
Poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións a que se refiren estas bases as empresas que sexan entidades de formación e que sexan titulares de centros ou entidades de formación inscritos para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral da Comunidade Autónoma de Galicia naquelas especialidades formativas para as cales soliciten subvención.