Publicado o Real Decreto 504/2022, con modificacións sobre a afiliación, altas, baixas e variacións de datos das persoas autónomas

No Boletín Oficial do Estado do martes, 28 de xuño de 2022, ven de publicarse o Real Decreto 504/2022, de 27 de junio, polo que se modifican o Regulamento Xeral sobre inscrición de empresas e afiliación, altas, baixas e variacións de datos de persoas traballadoras na Seguridade Social, aprobado polo Real Decreto 84/1996, de 26 de xaneiro, e o Regulamento Xeral sobre Cotización e Liquidación doutros Dereitos da Seguridade Social, aprobado polo Real Decreto 2064/1995, de 22 de decembro, para actualizar a súa regulación respecto ás persoas traballadoras por conta propia ou autónomas.

Mediante este real decreto procédese a realizar as adaptacións normativas previstas no Real Decreto-ley 5/2022, de 22 de marzo, que permitirán axustar máis axeitadamente as condicións de inclusión na Seguridade Social das persoas trabajadoras por conta propia ou autónomas os procedementos de afiliación e cotización regulados nas normas regulamentarias ás que se refiere, reforzando a información que ten que facilitar ese colectivo de persoas traballadoras e permitíndolles cambiar as súas bases de cotización con maior frecuencia dentro de cada ano.

Consultar o Real Decreto 504/2022.