Programa ES-Transforma de apoio á transformación en cooperativas e sociedades laborais


  • 29/06/2022
  • 30/09/2022
Accede desde aquí

TR802R - Programa ES-Transforma, de apoio á tranformación en cooperativas e sociedades laborais dos negocios sen remuda xeracional, de todo tipo de sociedades e das persoas traballadoras autónomas, que xa estivesen a exercer unha actividade - 2022

Data de publicación: 29/06/2022

Data inicio de solicitude: 30/06/2022

Data remate de solicitude: 30/09/2022

Obxecto

Esta convocatoria ten por obxecto establecer as bases reguladoras do Programa ES-Transforma, de apoio á transformación en cooperativas ou sociedades laborais dos negocios sen remuda xeracional, de todo tipo de sociedades e das persoas traballadoras autónomas, que xa estivesen a exercer unha actividade económica, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2022.

Características da axuda

As actuacións obxecto desta axuda poderán ser calquera das seguintes:

1. Asesoramento legal para a constitución da cooperativa ou da sociedade laboral, así como para a transformación nunha destas entidades de economía social. Os gastos de rexistro, notaría e os informes legalmente preceptivos para o proceso de transformación.

2. Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.

3. Obtención de certificacións de calidade.

4. Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.

5. Plan de protección de datos.

6. Equipamento informático.

7. Adquisición e desenvolvemento de  software e páxinas web.

8. Mellora na eficiencia enerxética.

9. Adquisición de equipamento.

10. Reforma do local de negocio.

11. Mobiliario.

Os servizos descritos nos números 1, 2, 3, 4 e 5 deberán estar implantados no período de execución.

Persoas beneficiarias

Poderanse acoller ás subvencións recollidas nesta convocatoria, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos, as sociedades laborais ou cooperativas que xurdan dalgún dos procesos que se detallan a continuación:

a) Constitución por ausencia de remuda xeracional.

b) Constitución por persoas autónomas.

c) Constitución por transformación.


Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido desde: 
Miércoles, 29 Junio, 2022
Válido hasta: 
Viernes, 30 Septiembre, 2022