Axudas e dos préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento dos proxectos de investimento empresarial - 2022


  • 12/08/2022
  • 30/09/2022
Accede desde aquí

IG408A - Axudas e dos préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento dos proxectos de investimento empresarial - 2022

Data de publicación: 12/08/2022

Data inicio de solicitude: 13/08/2022

Data remate de solicitude: 30/09/2022

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas e, se é o caso, de préstamos parcialmente reembolsables, para o financiamento de proxectos de investimento empresarial das seguintes modalidades:

1. Proxectos de investimento empresarial xerais.

2. Proxectos de investimento empresarial no sector de aloxamento.

3. Proxectos de investimento en equipamento produtivo.

Os proxectos de investimento obxecto de apoio deberán responder a algunha das tipoloxías de proxecto subvencionables establecidas no cadro de especificacións (apartado A.1), para cada unha das modalidades incluídas no anexo I.

Así mesmo, deberán cumprir os requisitos específicos establecidos, para cada tipoloxía de cada modalidade do anexo I, (na epígrafe A.2) do cadro de especificacións.

O importe do investimento subvencionable dos proxectos para os que se solicita a axuda e, se é o caso, préstamo, deberá estar incluído dentro dos límites indicados para cada modalidade do anexo I (apartado A.3) do cadro de especificacións.

Características da axuda

Serán subvencionables os investimentos proxectados para o desenvolvemento das actividades relacionadas, para cada modalidade do anexo I, no apartado B) do cadro de especificacións.

Serán subvencionables os investimentos en activos fixos, que estean vinculados ao proxecto para o que se solicita a axuda e, se é o caso, o préstamo, e que se materialicen nos conceptos que se relacionan para cada modalidade do anexo I, no apatado C) do cadro de especificacións.

Os activos adquiridos deberán ser novos, excepto para a adquisición de construcións ou inmobles nos casos e cos requisitos en que así se prevexa expresamente no apartado C) do cadro de especificacións do anexo I.

As pemes interesadas poderán presentar un máximo de dúas solicitudes de axuda ao abeiro das liñas reguladas nas presentes bases reguladoras. En todo caso, o importe de investimento subvencionable acumulado para todas as solicitudes dun mesmo solicitante nesta convocatoria non excederá o 1.200.000 €. Para estes casos, será aplicable, cando proceda, o previsto no parágrafo anterior, e a contía máxima acumulada a que será axustado o investimento subvencionable será a de 1.200.000 €.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas e préstamos as pequenas e medianas empresas que proxecten levar a cabo un investimento nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia, considerado subvencionable ao abeiro do regulado nas bases.


Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido desde: 
Viernes, 12 Agosto, 2022
Válido hasta: 
Viernes, 30 Septiembre, 2022