Resolución pola que se publica a relación de festas laborais a nivel estatal - 2023


O Boletín Oficial do Estado ven de publicar a Resolución de 7 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Traballo, pola que se publica a relación de festas laborais para o ano 2023. 

En concreto, en Galicia, as festas laborais a nivel estatal para o ano 2023 son as seguintes:

  • 6 de xaneiro (Epifanía do Señor)**
  • 6 de abril (Xoves Santo)**
  • 7 de abril (Venres Santo)*
  • 1 de maio (Festa do Traballo)*
  • 17 de maio (Día das Letras Galegas)***
  • 25 de xullo (Santiago Apóstol / Día nacional de Galicia)**
  • 15 de agosto (Asunción da Virxe)*
  • 12 de outubro (Festa Nacional de España)*
  • 1 de novembro (Tódolos Santos)*
  • 6 de decembro (Día da Constitución Española)*
  • 8 de decembro (Inmaculada Concepción)*
  • 25 de decembro (Nadal)*

Os códigos das festas indicadas son os seguintes:

(*) Festa Nacional non substituible

(**) Festa Nacional respecto da que non se ten exercido a facultade de substitución

(***) Festa da Comunidade Autónoma

Válido desde: 
Viernes, 14 Octubre, 2022
Válido hasta: 
Domingo, 31 Diciembre, 2023