Resolución pola que se publica a relación de festas laborais a nivel estatal - 2023
-
Etapa
O Boletín Oficial do Estado ven de publicar a Resolución de 7 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Traballo, pola que se publica a relación de festas laborais para o ano 2023.
En concreto, en Galicia, as festas laborais a nivel estatal para o ano 2023 son as seguintes:
- 6 de xaneiro (Epifanía do Señor)**
- 6 de abril (Xoves Santo)**
- 7 de abril (Venres Santo)*
- 1 de maio (Festa do Traballo)*
- 17 de maio (Día das Letras Galegas)***
- 25 de xullo (Santiago Apóstol / Día nacional de Galicia)**
- 15 de agosto (Asunción da Virxe)*
- 12 de outubro (Festa Nacional de España)*
- 1 de novembro (Tódolos Santos)*
- 6 de decembro (Día da Constitución Española)*
- 8 de decembro (Inmaculada Concepción)*
- 25 de decembro (Nadal)*
Os códigos das festas indicadas son os seguintes:
(*) Festa Nacional non substituible
(**) Festa Nacional respecto da que non se ten exercido a facultade de substitución
(***) Festa da Comunidade Autónoma
Archivos:
Válido dende:
venres, 14 Outubro, 2022
Válido ate:
domingo, 31 Decembro, 2023