Subvencións para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico - 2023


  • 30/12/2022
  • 30/01/2023
Accede desde aquí

CO300G - Subvencións para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico - 2023

Data de publicación: 30/12/2022

Data inicio de solicitude: 31/12/2022

Data remate de solicitude: 30/01/2023

Obxecto

Esta orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas de apoio ao financiamento de proxectos de contido tecnolóxico, innovador e sustentable, dirixidos a impulsar o emprego das novas tecnoloxías no sector comercial. Establécense dúas liñas de axudas:

Liña destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais.

Liña destinada a asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro.

As axudas financiadas conforme esta orde enmárcanse no compoñente 13, impulso á peme, investimento I4, apoio ao comercio, actuación 1.2, Programa de Modernización do comercio: Fondo tecnolóxico, do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (en diante, PRTR).

Os proxectos subvencionables no marco do PRTR son os seguintes:

– Proxectos de novas tecnoloxías dirixidas a mellorar diferentes áreas da estratexia comercial en liña e en comunicación, do modelo de negocio e da experiencia de compra (gastos referidos á transformación dixital).

– Proxectos de novas tecnoloxías para a adaptación do espazo físico de venda, tanto ás novas necesidades e hábitos dos/das consumidores/as como aos novos modelos de xestión (gastos referidos á transformación do punto de venda).

– Proxectos de solucións tecnolóxicas para mellorar a eficiencia e sustentabilidade da entrega da última milla (gastos relativos á cadea de subministración e rastrexabilidade). – Proxectos de aplicación de solucións tecnolóxicas para mellorar a eficiencia no consumo enerxético e dos recursos (gastos relativos á sustentabilidade e economía circular).

Características da axuda

Consideraranse actuacións subvencionables a implantación e posta en marcha de:

1. Programa smart retail dirixido á transformación dixital do punto de venda e modelo de negocio.

2. Programa visual merchandising dirixido á mellora da experiencia de compra.

3. Programa Green Store dirixido á mellora da eficiencia enerxética e dos recursos.

A porcentaxe da subvención será do 90 % dos investimentos máximos subvencionables establecidos.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións, as seguintes:

1. Liña de axudas destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais.

As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que o establecemento comercial para o cal se solicita a axuda teña carácter físico e permanente e estea localizado na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña ou comerciantes retallistas fóra dun establecemento comercial permanente, deberán ter o domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Que teña a condición de peme.

c) Que a actividade principal do negocio se corresponda con algunha das actividades incluídas nos códigos 46 ou 47 da Clasificación nacional de actividades económicas 2009.

.2. Liña de axudas destinada a asociacións de comerciantes. As asociacións e federacións de comerciantes sen ánimo de lucro, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que teñan entre os seus fins estatutarios a defensa dos intereses do sector comercial.

b) Que teñan a sede social e o ámbito de actuación na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que teñan unha antigüidade mínima de tres anos na data da publicación desta orde.

d) No caso de asociacións de ámbito municipal, que teñan o número mínimo de comercios asociados dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE establecidas, en función da poboación do concello, que se indica a continuación:

Poboación concello Mínimo comercios asociados
Menos de 5.000 habitantes 10
Entre 5.000 e 20.0000 habitantes 20
Máis de 20.000 habitantes 50

En todo caso, o número de comercios asociados debe representar, como mínimo, o 40 % do número de socios da asociación.

e) No caso de federacións, que teñan ámbito provincial ou autonómico e teñan asociadas un mínimo de 15 asociacións de comerciantes que cumpran, ademais, os requisitos establecidos na letra d).


Publicación DOG

Modificación bases

Ficha informativa sede electrónica

Válido desde: 
Viernes, 30 Diciembre, 2022
Válido hasta: 
Lunes, 30 Enero, 2023