Axudas para o desenvolvemento de pequenas explotacións agrarias - 2023


  • 26/01/2023
  • 27/02/2023
Accede desde aquí

MR405B - Axudas para o desenvolvemento de pequenas explotacións agrarias - 2023

Data de publicación: 26/01/2023

Data inicio de solicitude: 27/01/2023

Data remate de solicitude: 27/02/2023

Obxecto

Esta orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas e convocar para o ano 2023 as liñas de axuda incluídas no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, en réxime de concorrencia competitiva, en concreto para para o desenvolvemento de pequenas explotacións agrarias.

Características da axuda

A axuda consistirá nunha prima de 15.000 euros, e concederase pola execución do plan empresarial, que terá unha duración de 18 meses desde a aprobación da axuda.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias as persoas que cumpran cos seguintes requisitos:

a) Ser titular dunha pequena explotación agraria inscrita, con polo menos unha antigüidade dun ano desde a data de publicación da orde, no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

b) Residir na comarca onde radique a explotación ou nunha comarca limítrofe. No caso de titularidade de persoas xurídicas, estas deberán ter o domicilio fiscal na comarca ou nunha comarca limítrofe.

c) Que o volume de traballo necesario para o mantemento da explotación sexa realizado polo titular da explotación, para o que será necesario que non realice outra actividade a tempo completo, ou que xustifique a contratación de, polo menos, a metade dunha unidade de traballo agrario. Esta cantidade de traballo agrario manterase durante os cinco anos posteriores ao pagamento final da axuda, xunto co resto de compromisos que adquire o beneficiario da axuda.

d) Presentar un plan empresarial que mostre a viabilidade da iniciativa.

e) A explotación non pode ter sido concesionaria por esta mesma submedida en convocatorias anteriores.


Publicación DOG

Corrección erros

Ficha informativa sede electrónica

Válido desde: 
Jueves, 26 Enero, 2023
Válido hasta: 
Lunes, 27 Febrero, 2023