Programa de emprego con apoio - 2023


  • 30/05/2023
  • 29/09/2023
Accede desde aquí

TR342A - Programa de emprego con apoio - 2023

Data de publicación: 30/05/2023

Data de inicio solicitude: 31/05/2023

Data de remate solicitude: 29/09/2023

Infografía informativa

Obxecto

Esta Orde ten por finalidade establecer as bases e convocar as subvencións ás entidades promotoras de programas de emprego con apoio para financiar os custos laborais e da seguridade social derivados da contratación dos preparadores e das preparadoras laborais que leven a cabo as accións de emprego con apoio, tanto no caso de novas contratacións como no caso de persoas preparadoras laborais que veñen prestando servizos na entidade.

Enténdese por emprego con apoio o conxunto de actividades de orientación e acompañamento individualizado que prestan, no propio posto de traballo, persoas preparadoras laborais especializadas ás persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, con especiais dificultades de inserción laboral e que realizan a súa actividade en empresas do mercado ordinario de traballo, en condicións similares ao resto dos traballadores e traballadoras que desempeñan postos de iguais ou similares características e que conten con centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Características da axuda

Este programa subvenciona as entidades promotoras de proxectos de emprego con apoio no financiamento dos custos laborais e de Seguridade Social derivados da contratación dos preparadores e das preparadoras laborais que leven a cabo as accións de emprego con apoio, tanto nos casos de novas contratacións como nos casos de persoas preparadoras laborais que veñen prestando servizos na entidade.

Trátase de favorecer a integración laboral das persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social con especiais dificultades para a súa inserción laboral, favorecendo a súa integración en empresas con centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia mediante a implementación de accións de emprego con apoio.

As accións de emprego con apoio desenvolveranse no marco de proxectos de emprego con apoio, nos cales deberanse recoller, polo menos, as seguintes accións:

a) Orientación, asesoramento e acompañamento á persoa traballadora, apoiada, elaborando para cada persoa traballadora un programa de adaptación ao posto de traballo.

b) Labores de achegamento e axuda mutua entre a persoa traballadora beneficiaria do Programa de emprego con apoio, o empregador ou empregadora e o persoal da empresa que comparta tarefas coa persoa traballadora apoiada.

c) Apoio á persoa traballadora no desenvolvemento de habilidades sociais e comunitarias, de modo que se poida relacionar coa contorna laboral nas mellores condicións.

d) Adestramento específico da persoa traballadora apoiada nas tarefas inherentes ao posto de traballo.

e) Seguimento da persoa traballadora apoiada e avaliación do proceso de inserción no posto de traballo. Estas accións terán por obxecto a detección de necesidades e a prevención de posibles ameazas ou riscos, tanto para a persoa traballadora como para a empresa que a contrata, que poñan en perigo o obxectivo de inserción e a permanencia no emprego.

f) Asesoramento e información á empresa sobre as necesidades e os procesos de adaptación do posto de traballo.

Os incentivos previstos destinarase a financiar os custos derivados da contratación das persoas preparadoras laborais que se xeren durante o desenvolvemento das accións do emprego con apoio, dentro do período subvencionable, que abrangue entre o 1.10.2022 ao 30.9.2023, correspondendo os seguintes importes:

A contía base pola persoa preparadora laboral establécese en función do número das persoas traballadoras en situación ou risco de exclusión social ou de persoas con discapacidade apoiadas co tipo e grao indicados.

a) 8.500 euros anuais polo apoio a cada persoa traballadora das incluídas na liña a.1) do artigo 8, contratada a xornada completa.

b) 5.500 euros anuais polo apoio a cada persoa traballadora das incluídas na letra a.2) do artigo 8, contratada a xornada completa.

c) 3.500 euros anuais polo apoio a cada persoa traballadora das incluídas nas letras b), c) ou d) do artigo 8, contratada a xornada completa.

d) 1.625 euros anuais polo apoio a cada persoa traballadora das incluídas na letra e) do artigo 8, contratada a xornada completa.

A contía base reducirase proporcionalmente en función da duración do contrato de cada persoa traballadora con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social que recibe o apoio, así como en función da súa xornada no suposto de que o contrato sexa a tempo parcial.

Persoas beneficiarias

Poderán promover proxectos de emprego con apoio e seren beneficiarias das correspondentes subvencións reguladas nesta orde as seguintes entidades:

1. As asociacións, as fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro que subscriban o correspondente convenio de colaboración coa empresa que vai contratar as persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social ás cales se lles vai prestar o emprego con apoio e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter por obxecto social, entre outros, a inserción laboral ou a creación de emprego a favor de persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.

b) Contar no seu cadro de persoal con persoas preparadoras laborais especializadas que cumpran os requisitos establecidos, así como dispor dos recursos materiais necesarios que garantan un desenvolvemento idóneo dos programas de emprego con apoio.

c) Ter experiencia acreditada no desenvolvemento de programas de integración laboral de persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.

d) Desenvolver as actividades de emprego con apoio de modo gratuíto, sen que caiba o cobramento ou a percepción de ningún tipo de cantidade ou tarifa a persoas traballadoras ou empresarios e empresarias.

2. Os centros especiais de emprego, cualificados e inscritos como tales no rexistro administrativo de centros especiais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, que subscriban un convenio de colaboración coa empresa que vai contratar persoas traballadoras con discapacidade procedentes do cadro de persoal do mesmo centro ou doutros centros especiais de emprego.

Tamén as empresas de inserción, debidamente inscritas no rexistro de empresas de inserción da Comunidade Autónoma de Galicia, que subscriban convenio de colaboración coa empresa que vai contratar persoas traballadoras en situación ou risco de exclusión social procedentes do cadro de persoal da mesma empresa ou doutras empresas de inserción.

3. As empresas do mercado ordinario de traballo incluídas as persoas traballadoras autónomas, con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia, que contraten as persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social que poidan ser beneficiarias das accións de apoio, sempre que conten no seu cadro de persoal con persoas preparadoras laborais especializadas que cumpran os requisitos establecidos e que dispoñan dos recursos materiais necesarios que garantan un desenvolvemento idóneo dos programas de emprego con apoio.

Válido desde: 
Martes, 30 Mayo, 2023
Válido hasta: 
Viernes, 29 Septiembre, 2023