Subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social - 2023


  • 31/05/2023
  • 15/09/2023
Accede desde aquí

TR802L - Subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social - 2023

Data de publicación: 31/05/2023

Data de inicio solicitude: 01/06/2023

Data de remate solicitude: 15/09/2023

Obxecto

Esta Orde ten por finalidade establecer as bases e convocar as axudas para apoiar a consolidación das entidades da economía social, así como reforzar a súa presenza no tecido económico de Galicia, con especial incidencia na transformación dixital e na mellora da eficiencia enerxética, contribuíndo ao impulso da súa actividade económica, incrementando a súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade.

Características da axuda

Os conceptos subvencionables serán os seguintes:

1. Equipamento informático.

2. Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web.

3. Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.

4. Mellora na eficiencia enerxética.

5. Adquisición de equipamento.

6. Reforma do local de negocio.

7. Mobiliario.

8. Obtención de certificacións de calidade.

9. Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.

10. Plan de Protección de datos.

11. Elementos de transporte.

12. Actividades formativas para as persoas socias da entidade solicitante que estean dadas de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA).

Os servizos descritos nos números 3, 8, 9, 10 e 12 deberán estar implantados ou realizados no período de execución.

Todos os investimentos deberán estar destinados aos centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

A contía da axuda será equivalente ao 90 % do custo total dos gastos subvencionables, cos límites seguintes:

– 5.000 € para cada un dos gastos incluídos nos conceptos 3, 8, 9 e 10.

– 600 € para cada actividade formativa das incluídas no concepto 12, que realice cada persoa socia da entidade que estea de alta no réxime especial de traballadores autónomos.

O límite máximo das axudas establécese en 30.000 € por cada entidade solicitante.

No caso de que se solicite unha contía superior, concederase de acordo coa orde de prelación establecida.

Persoas beneficiarias

Poderanse acoller ás subvencións recollidas nesta orde as seguintes entidades, de entre as previstas no artigo 6 Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia: sociedades cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego que cumpran os requisitos establecidos.

Válido desde: 
Miércoles, 31 Mayo, 2023
Válido hasta: 
Viernes, 15 Septiembre, 2023