Subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento - 2023


  • 05/07/2023
  • 29/09/2023
Accede desde aquí

TR880A -  Subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento - 2023

Data de publicación: 5 de xullo de 2023

Data de inicio solicitude: 6 de xullo de 2023

Data de finalización solicitude: 29 de setembro de 2023

Infografía informativa

Obxecto

As axudas reguladas por esta Orde teñen por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria das subvencións de apoio ao emprendemento para as persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, incluíndo cooperativas e sociedades laborais, que estean de alta e iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2021 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e convocalas para a anualidade 2023.

A finalidade é facilitar as iniciativas de emprendemento, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica e a súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade, a través do apoio ao financiamento do investimento realizado e pagado entre o 5 de novembro de 2022 e a data da presentación da solicitude.

Características da axuda

Serán subvencionables os investimentos que correspondan de xeito indubidable ao proxecto empresarial constituído ou dado de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e que teña iniciado a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2021.

En concreto:

1º. Equipamento informático.

2º. Activos intanxibles: activos que non teñen unha materialización física ou financeira.

3º. Investimentos en eficiencia enerxética.

4º. Adquisición de bens de equipamento e mobiliario.

5º. Reforma e habilitación das instalacións do local de negocio.

6º. A adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de equipamento de segunda man serán subvencionables sempre que cumpran os requisitos establecidos na Orde.

Os investimentos terán que estar realizados e pagados dentro do prazo de execución, que abrangue desde o 5 de novembro de 2022 ata a data da presentación da solicitude.

A contía da axuda terá as seguintes porcentaxes de intensidade en función do rango de investimento total realizado:

a) Con investimentos de 5.000 € ou máis ata un límite de 10.000 €, a contía da axuda será do 60 % do investimento.

b) Con investimentos de 10.001 € ou máis ata un límite de 30.000 €, a contía da axuda será do 50 % do investimento.

c) Con investimentos de 30.001 € ou máis ata un límite de 50.000 €, a contía da axuda será do 40 % do investimento.

d) Con investimentos de 50.001 € ou máis ata un límite de 100.000 €, a contía da axuda será do 30 % do investimento.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas traballadoras autónomas e as pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, e as sociedades cooperativas e laborais, así como as empresas de inserción e os centros especiais de emprego, previstos no artigo 6 da Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia, que cumpran os dous requisitos seguintes:

que se constitúan ou dean de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e

que iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2021.

Válido desde: 
Miércoles, 5 Julio, 2023
Válido hasta: 
Viernes, 29 Septiembre, 2023