Selección de pequenas e medianas empresas e persoas traballadoras autónomas ás cales se prestarán servizos do programa Responsabilízate (4ª edición) - 2023


  • 06/11/2023
  • 31/12/2024

TR320B - Selección de pequenas e medianas empresas e persoas traballadoras autónomas ás cales se prestarán servizos do programa Responsabilízate (4ª edición) - 2023

Data de publicación: 06/11/2023

Data de inicio solicitude: 07/11/2023

Data de remate solicitude: Ata acadar o máximo de prazas segundo a dispoñibilidade orzamentaria

Obxecto

Esta Resolución ten por obxecto publicar as bases e os requisitos do proceso de selección das empresas ou entidades ás cales se prestarán os servizos do programa Responsabilízate, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2023.

Características da axuda

As empresas beneficiarias do programa optarán aos seguintes servizos:

1º. Análise do estado, potencial competitivo e situación da responsabilidade social empresarial (RSE). Trátase de avaliar o estado inicial da empresa exercendo un estudo completo nos diferentes ámbitos da empresa.

2º. Asesoramento e formación. As pemes participantes recibirán un módulo formativo para afondar no coñecemento e ferramentas da RSE. Así mesmo, as empresas recibirán un asesoramento individualizado para a construción dun plan de acción RSE.

3º. Plan de acción, implantación e seguimento das accións de RSE: a partir do informe de resultados da diagnose e da formación impartida, definirase a metodoloxía para a elaboración dun plan de acción individualizado para a implantación dun mínimo do 20 % das accións previstas no Plan de acción en RSE.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias do programa Responsabilízate as pequenas e medianas empresas (pemes), así como as persoas traballadoras autónomas, que teñan radicado o seu domicilio social ou que conten con algún centro de traballo en Galicia e que non fosen beneficiarias nas anteriores edicións.

Ademais do especificado no punto anterior, deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ter, cando menos, unha persoa traballadora por conta allea.

b) Que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anual sexa inferior a 43 millóns de euros.

c) Non seren entidades sen ánimo de lucro.

Válido desde: 
Lunes, 6 Noviembre, 2023
Válido hasta: 
Martes, 31 Diciembre, 2024