Axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios - 2024


  • 05/01/2024
  • 29/03/2024

MR340A - Axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios - 2024

Data de publicación: 05/01/2024

Data de inicio solicitude: 06/01/2024

Data de remate solicitude: 29/03/2024

Obxecto

Esta Orde ten por obxecto publicar as bases reguladoras e a convocatoria das axudas da Consellería do Medio Rural para os investimentos en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agrícolas.

Características da axuda

Considéranse incentivables:

1. Con carácter xeral, os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, considerando como tales os produtos enumerados no anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, excepto os produtos da pesca.

Así mesmo, poderán subvencionarse investimentos relativos a procesos de transformación en que interveñan produtos non incluídos no anexo I do Tratado, se estes son un compoñente menor do produto final. Considerarase que son un compoñente menor cando a cantidade ou o valor económico total deles non supere o 25 % do peso ou valor económico total do produto final.

2. Os produtos resultantes dos procesos de transformación e/ou comercialización poderán ser produtos agrarios (incluídos no anexo I do Tratado) ou non agrarios (non incluídos no anexo I do Tratado).

Os proxectos nos que o importe total dos investimentos subvencionables sexa inferior a 60.000 € non serán subvencionables.

Os tipos de gasto incentivables son os seguintes:

a) Construción, adquisición e mellora de bens inmobles. A compra de terreos ata un valor do 10 % do total dos gastos subvencionables.

b) Compra de maquinaria e equipamentos novos, ata o seu valor de mercado.

c) Os seguintes investimentos intanxibles: adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos, así como adquisicións de patentes, licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas relacionadas cos procesos produtivos.

d) Os custos xerais vinculados ás letras a) e b) anteriores consistentes en honorarios de proxecto e dirección de obra, así como en estudos de viabilidade. En todo caso o importe admisible nestes custos non poderá superar o 12 % do importe total dos investimentos subvencionables das letras a), b) e c) anteriores.

As porcentaxes máximas de axuda serán as seguintes:

Tipo de produto final Microempresas e pequenas empresas Empresas medianas Grandes empresas
Incluídos no Anexo I do Tratado 50% 50% 50%
Non incluídos no Anexo I do Tratado 35% 25% 15%

Persoas beneficiarias

Poderán acollerse a estas axudas as persoas empresarias individuais ou sociedades que sexan ou vaian ser titulares de instalacións obxecto da axuda dedicadas á transformación e/ou a comercialización de produtos do anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, e sobre as cales recaia a carga financeira dos investimentos e gastos que se consideren incentivables.

Válido desde: 
Viernes, 5 Enero, 2024
Válido hasta: 
Viernes, 29 Marzo, 2024