Axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia (Bonos de innovación) - 2024


  • 22/01/2024
  • 22/02/2024

IN848F - Axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia (Bonos de innovación) - 2024

Data de publicación: 22/01/2024

Data de inicio solicitude: 23/01/2024

Data de remate solicitude: 22/02/2024

Obxecto

Esta Resolución ten por obxecto publicar as bases e a convocatoria das axudas da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás microempresas, pequenas e medianas empresas galegas destinadas ao financiamento de Bonos de innovación.

Diferéncianse tres tipos de bonos que se agrupan nas seguintes liñas:

Liña 1. Bonos para servizos de apoio á innovación, para o financiamento das actividades destinadas á protección da innovación, xestión da innovación e vixilancia tecnolóxica, así como accións estratéxicas para desenvolver novos produtos, procesos e servizos.

Liña 2. Bonos para xestión do financiamento da innovación, para a subvención dos custos de actividades de xestión, contratadas cos axentes da innovación, encamiñadas ao:

Tipo A. Tramitación de incentivos fiscais á I+D+i e bonificacións na Seguridade Social de persoal investigador.

Tipo B. Tramitación de novas solicitudes de financiamento a propostas de I+D+i en convocatorias de axudas estatais.

Características da axuda

Serán subvencionables os custos de contratación de servizos externos efectuados desde a data de presentación da solicitude e ata o 15 de outubro de 2024.

As actuacións deberán enmarcarse nalgún dos ámbitos de prioridade da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027 recollidos no anexo VIII desta convocatoria.

As axudas concederanse en forma de subvención non reembolsable, determinarase sobre o investimento total elixible e será conforme os límites de intensidade previstos no artigo 28 do Regulamento (UE) nº 651/2014.

Liña 1. Bonos para servizos de apoio á innovación

As actividades realizaranse mediante a contratación de servizos de apoio á innovación de entre as seguintes tipoloxías:

I. Custos da protección do coñecemento da innovación industrial nas empresas, referidos aos activos intanxibles da empresa.

II. Custos de mellora na xestión da innovación e vixilancia tecnolóxica, incluíndo entre estes:

1. Implantación de sistemas de xestión e organización da innovación.

2. Estudos de vixilancia tecnolóxica e estado da arte.

III. Custos das accións estratéxicas para desenvolver novos produtos, procesos e servizos, incluíndo:

1. Estudos de viabilidade tecnolóxica e industrial encamiñados ao desenvolvemento de novos produtos ou servizos, ou análise da mellora ou creación de novos procesos produtivos. 

2. Deseño de produtos e servizos, incluíndo a concepción e desenvolvemento de novos produtos ou servizos.

3. Accións para levar a mercado ou implantar os resultados da actividade de I+D+i.

A contía máxima da axuda que pode ser concedida a cada persoa beneficiaria será con carácter xeral, do 70 %, tendo en conta as seguintes condicións:

i. O investimento subvencionable será, como mínimo, de 15.000 € e dun máximo de 50.000 €.

ii. Os custos de protección de coñecemento terán, en todo caso, unha subvención máxima do 50 %.

Liña 2, bonos para a xestión do financiamento da innovación

Establécense dúas tipoloxías diferentes:

a) Tipo A. Contratación dos servizos de apoio para a tramitación de incentivos fiscais á I+D+i e bonificacións da seguridade social de persoal investigador que conduzan á obtención da cualificación fiscal vía informe motivado vinculante correspondente ao exercicio fiscal 2023. Cun límite da axuda de ata 5.000,00 €.

b) Tipo B. Contratación de servizos para a tramitación de novas solicitudes de financiamento a propostas de I+D+i en convocatorias de axudas estatais. Cun límite da axuda de ata 5.000,00 €.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta axuda as microempresas, pequenas e medianas empresas, así como as entidades do terceiro sector de acción social, validamente constituídas no momento da presentación da solicitude, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que solicitan a axuda.

Cada unha das liñas que compoñen esta axuda vai dirixa ás seguintes entidades:

Denominación da liña Proxectos subvencionables
Liña 1. Servizos de apoio á innovación

Microempresas e pequenas empresas.

Entidades do terceiro sector de acción social con actividade económica e categoría de peme.

Liña 2. Xestión do financiamento da innovación

Microempresas, pequenas e medianas empresas.

Entidades do terceiro sector de acción social con actividade económica e categoría de peme.

Válido desde: 
Lunes, 22 Enero, 2024
Válido hasta: 
Jueves, 22 Febrero, 2024