Axudas de apoio ao emprendemento a través do financiamento das cotas sociais de persoas autónomas (PEL-Autónomos/as 2024
- 19/01/2024
- 22/02/2024
-
Etapa
BDNS 739435 - Axudas de apoio ao emprendemento a través do financiamento das cotas sociais de persoas autónomas (PEL-Autónomos/as 2024
Data de publicación: 19/01/2024
Data de inicio solicitude: 22/01/2024
Data de remate solicitude: 22/02/2024
Obxecto
Esta Resolución ten por obxecto publicar as bases e a convocatoria das axudas para sufragar parte das cotas da seguridade social do ano 2024 de persoas autónomas nos meses que non reciben outras axudas concedidas por entidades ou organismos públicos ou privados, para sufragar as cotas correspondentes ao réxime especial ou sistema especial por conta propia da Seguridade Social.
A finalidade de estas axudas é o fomento do emprendemento e o traballo por conta propia nos municipios da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes poñendo en marcha mecanismos necesarios para a supervivencia e fortalecemento do tecido empresarial autónomo.
Características da axuda
A axuda consistirá nunha contía fixa de 200 € por cada mes nos que se cumpran os requisitos ata un máximo de 12 meses e un mínimo de 6 meses correspondentes ao período subvencionado 2024.
Subvencionaránse exclusivamente as cotas mensuais correspondentes a anualidade 2024.
Persoas beneficiarias
Estas axudas van dirixidas a persoas autónomas que reúnan con anterioridade á data de fin de presentación das solicitudes os seguintes requisitos:
- Ter o domicilio fiscal nun Concello da provincia da Coruña de poboación menor a 20.000 habitantes conforme os datos máis recentes dispoñibles no Instituto Galego de Estadística e segundo o recollido no Certificado de situación censual da Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).
- Estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial ou sistema especial por conta propia da Seguridade Social, con unha antigüidade ininterrompida máxima de 5 años anteriores á data de publicación da convocatoria destas axudas. Considérase que non existe interrupción cando entre o cese e a nova alta transcorran menos de 12 meses.
- Estar dado de alta en algunha actividade empresarial e constar recollida no Certificado de Situación Censual da Axencia Estatal da Administración Tributaria como titular.
- Ter unha antigüidade máxima de 5 anos de exercicio ininterrompido na actividade empresarial que desenrola segundo a información recollida no certificado de situación censual da entidade.
- Non recibir na anualidade 2024 ningunha axuda ou concepto similar para sufragar as cotas correspondentes ao réxime especial ou sistema especial por conta propia da Seguridade Social.