Programa Investigo, de contratación de persoas mozas demandantes de emprego na realización de iniciativas de investigación e innovación - 2024


  • 06/02/2024
  • 06/03/2024
Accede desde aquí

TR349V- Programa Investigo, de contratación de persoas mozas demandantes de emprego na realización de iniciativas de investigación e innovación - 2024

Data de publicación: 06/02/2024

Data de inicio solicitude: 07/02/2024

Data de remate solicitude: 06/03/2024


Infografía explicativa


Obxecto

Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e a convocatoria das subvencións para a contratación de persoas mozas, de 16 ou máis anos e que non fixesen os 30 anos no momento de comezar a relación contractual, por parte de empresas que estean a investir en investigación e innovación na realización das iniciativas de investigación e innovación.

As actividades obxecto destas axudas serán desenvolvidas polas persoas capacitadas para levar a cabo proxectos de investigación en calidade de investigadoras, tecnólogas, persoal técnico e outros perfís profesionais en I+D+i, facilitarase a súa inserción laboral para contribuír a incrementar a competitividade da investigación e a innovación.

As iniciativas de innovación e investigación e as dos departamentos de I+D+i desenvolveranse preferentemente en ocupacións referidas a transición ecolóxica, a economía verde (enerxías renovables, eficiencia enerxética, tratamento de augas e de residuos e industria agroalimentaria), dixitalización de servizos, enxeñaría de datos e data science, así como outras tarefas encadradas no marco da Estratexia de especialización intelixente RIS3 2021-2027.

Características da axuda

As subvencións para a contratación destinaranse ao financiamento dos custos laborais e salariais, incluíndo os gastos de cotización por todos os conceptos á Seguridade Social, das persoas mozas que sexan contratadas para o desenvolvemento e execución das iniciativas de investigación e innovación do Programa Investigo.

A modalidade contractual que se utilizará será, preferentemente, o contrato indefinido, quedando excluídos os contratos fixos descontinuos e os contratos formativos.

O período subvencionado será de 12 meses e a xornada de traballo será a tempo completo.

Os custos laborais incluirán os custos salariais, incluíndo os gastos de cotización por todos os conceptos á Seguridade Social.

A concesión das subvencións, así como a súa xustificación, realizarase a través do réxime de módulos, configurados considerando o custo unitario validado pola Intervención Xeral do Estado para este programa, por persoa contratada participante no Programa Investigo:

a) Para compensar os custos laborais:

Modulo A: o módulo ascenderá a 22.405,92 euros por persoa contratada e ano de contratación (1.867,16 euros por mes), no caso de contratos nos grupos de cotización da Seguridade Social 9 a 5, ambos incluídos.

Módulo B: o módulo ascenderá a 33.108,84 euros por persoa contratada e ano de contratación (2.759,07 euros por mes), no caso de contratos nos grupos de cotización da Seguridade Social 4 a 1, ambos incluídos.

De acordo con iso, o importe desta subvención calcularase en función das previsións recollidas no proxecto: número de persoas que se van contratar e meses de contratación de cada unha delas, e o módulo segundo o grupo de cotización da Seguridade Social que corresponda, de acordo co sinalado anteriormente.

O número máximo de contratos que se van subvencionar e, polo tanto, solicitar establécese en 5.

Persoas beneficiarias

Poderán ter a condición de entidades beneficiarias da subvención as empresas pertencentes ao sector privado radicadas en Galicia que estean a investir na realización de iniciativas de investigación e innovación, incluídas as empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT).

Válido desde: 
Martes, 6 Febrero, 2024
Válido hasta: 
Miércoles, 6 Marzo, 2024