Axudas aos plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade (Deseñapeme) - 2024
- 13/02/2024
- 13/03/2024
-
Etapa
IN848E- Axudas aos plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade (Deseñapeme) - 2024
Data de publicación: 13/02/2024
Data de inicio solicitude: 14/02/2024
Data de remate solicitude: 13/03/2024
Obxecto
Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e a convocatoria das axudas da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás microempresas, pequenas e medianas empresas (pemes) con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, destinadas ao financiamento das actividades integradas en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade.
Características da axuda
Os plans reunirán, necesariamente, as seguintes características.
a) Constituirán un conxunto completo e coherente de actividades para cada unha das liñas, incluídas nas respectivas memorias descritivas da solicitude, e permitirán implementar e/ou incrementar as capacidades innovadoras da empresa solicitante.
b) O orzamento subvencionable para cada plan será dun mínimo de 50.000 euros e dun máximo de 150.000 euros por plan. A presentación dun plan cun orzamento fóra do rango establecido será causa de inadmisión da solicitude de axuda.
c) A duración máxima de cada plan será ata o 30 de setembro de 2025; a presentación dun plan cunha duración fóra do rango establecido será causa de inadmisión da solicitude de axuda. Ademais, na liña 2, os plans deberán ter unha duración mínima de 12 meses.
O Plan de deseño para a innovación e sustentabilidade deberá reunir, como mínimo, as seguintes características:
a) Introduciranse un conxunto de actividades que constitúan un conxunto completo e homoxéneo de fases que permita implementar ou incrementar as capacidades de deseño da empresa solicitante.
b) As fases, coas súas actividades correspondentes, deben implicar o desenvolvemento das mesmas e as opcións desagregadas.
b.1) Deseño de produto.
b.2) Deseño de servizos e experiencias.
A contía máxima da axuda que pode ser concedida a cada persoa beneficiaria determinarase sobre o investimento total que se subvenciona e será conforme os límites de intensidade indicados a continuación:
Orzamento da actuación: De 50.000€ a 150.000€ cunha subvención de 25.000€ e ata 75.000 €, o que supón unha intensidade da axuda do 50%.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as microempresas, pequenas e medianas empresas, así como as entidades do terceiro sector de acción social, conforme as definicións establecidas, validamente constituídas no momento da presentación da solicitude, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicita a axuda.
As entidades do terceiro sector deben ter actividade económica e entrar dentro da categoría económica de peme.