A entidade Red.es crea o Kit Consulting para axudar á transformación dixital das PEMEs
Trátase dun novo programa de axudas dirixido a pemes de entre 10 e menos de 250 persoas empregadas e destinado a contratar servizos de asesoramento dixital especializado e personalizado.
Kit Consulting enmárcase no Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia, e conta cun orzamento de 300 millóns de euros financiados pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU.
As bases reguladoras de Kit Consulting publicáronse no BOE o pasado 11 de maio e pódense consultar na web de Acelera peme.
A axuda materialízase nun Bono de Asesoramento Dixital que as pemes deberán empregar na contratación dun ou varios dos servizos de asesoramento dos que se compón o Programa. Estes servizos de asesoramento permitirán ás pemes beneficiarias contar cunha folla de ruta para avanzar na dixitalización do seu negocio e seguir avanzando na súa transformación dixital.
A contía das axudas de Kit Consulting varían en función do tamaño da empresa: se a peme ten entre 10 e menos de 50 persoas empregadas, a contía da axuda é de 12.000 euros, para pemes entre 50 e menos de 100 persoas empregadas, o bono é de 18.000 euros e de 24.000 euros para as empresas de entre 100 e menos de 250 persoas traballadoras.
As pemes beneficiarias deberán destinar o bono de asesoramento dixital de Kit Cosulting á contratación dun ou varios servizos de asesoramento dun catálogo composto por 10 categorías de servizos en áreas crave en transformación dixital: Servizo de asesoramento en IA, servizo de asesoramento en análise de datos (básico e avanzado), servizo de asesoramento en vendas dixitais, servizo de asesoramento en procesos de negocio ou procesos de produción, servizo de asesoramento en estratexia e rendemento de negocio, servizo de asesoramento en ciberseguridade (básico, avanzado e preparación para a certificación) e un servizo de asesoramento “360” en transformación dixital.
As pemes poderán empezar a solicitar a axuda para mediados de xuño.
Kit Consulting contará cun sistema de tramitación automatizado con ferramentas de robotización e Intelixencia Artificial para reducir a carga burocrática, diminuír o número de documentos a presentar e acurtar os prazos de concesión.
Desta maneira, as pemes poderán solicitar a axuda sen achegar ningunha documentación. Ademais, no proceso de verificación das xustificacións dos servizos de asesoramento, Red.es pon en marcha, por primeira vez, unha plataforma de Intelixencia Artificial que servirá de apoio no proceso de verificación das xustificacións dos servizos de asesoramento.
Kit Consulting contempla tamén a figura do “representante voluntario” que permite que calquera terceiro, sexa persoa física ou xurídica, debidamente autorizada, poida pedir a subvención por conta da empresa, para contribuír así a eliminar trámites á peme e a persoa autónoma.