Axudas destinadas á contratación de servizos de asesoramento para a Transformación Dixital das PEMES (Programa Agentes del Cambio-Kit Consulting) - 2024


  • 17/06/2024
  • 28/02/2025

BDNS 750851 - Axudas destinadas á contratación de servizos de asesoramento para a Transformación Dixital das PEMES (Programa Agentes del Cambio-Kit Consulting) - 2024

Data de publicación: 13/06/2024

Data inicio de solicitude: 18/06/2024

Data remate de solicitude: 28/02/2025 - ampliado o prazo

Obxecto

Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas para os programas de emprego dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego mediante a posta en marcha de programas integrados de emprego con intermediación laboral, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e durante un período de 12 meses.

Características da axuda

O importe máximo de axuda por empresa beneficiaria será a seguinte, en función do segmento ao que pertenza:

Segemento de beneficiarias Importe do Bono asesoramento dixital
Segmento A: Empresas de entre 10 e menos de 50 persoas empregadas 12.000€.
Segmento B: Empresas de entre 50 e menos de 100 persoas empregadas 18.000€.
Segmento C: Empresas de entre 100 e menos de 250 persoas empregadas 24.000€

Para cada Categoría de Servizo de Asesoramento estipúlase un importe máximo de 6.000€.

Atendendo a que cada Servizo de Asesoramento debe cumprir cunhas actividades determinadas, coa cumprimentación dunha memoria técnica, así como da documentación necesaria para a xustificación do Anexo IV da Convocatoria, entre outros, establécese un cómputo mínimo de 100 horas de traballo por cada Acordo de Prestación de Servizo de Asesoramento formalizado.

Serán subvencionables aqueles gastos, co límite das contías máximas establecidas, en que incurra a empresa beneficiaria para a contratación de servizos de asesoramento para a transformación dixital das PEMES, dispoñibles no Catálogo de Servizos de Asesoramento do Programa.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta axuda as entidades cuxo domicilio fiscal estea emprazado en territorio español, comprendidas nos Segmentos seguintes:

Segmento A: Empresas de entre 10 e menos de 50 persoas empregadas.

Segmento B: Empresas de entre 50 e menos de 100 persoas empregadas.

Segmento C: Empresas de entre 100 e menos de 250 persoas empregadas.


Publicación BOE

Ficha informativa sede electrónica

Modificación convocatoria

Bases reguladoras

Válido desde: 
Lunes, 17 Junio, 2024
Válido hasta: 
Viernes, 28 Febrero, 2025