Actualización das bases de cotización ao RETA para arrancar o ano 2025

O ano 2025 comezará para o colectivo de persoas traballadoras autónomas cunha actualización das bases de cotización e cotas correspondentes á Seguridade Social, tal e como estaba previsto no Real Decreto-lei 13/2022, de 26 de xullo, polo que se establece un novo sistema de cotización para os traballadores por conta propia ou autónomos e se mellora a protección por cese de actividade, publicado o pasado 27 de xullo de 2022.

Deste xeito, tal e como establece a disposición transitoria primeira do dito Real Decreto-lei, as bases de cotización actualizaranse no 2025 segundo os seguintes datos:

Tramos de rendementos netos 2025 (€/mes) Base mínima 2025 (€/mes) Dif. Base mín. 25-24 (€/mes) Base máxima 2025 (€/mes)
Táboa reducida Tramo 1 (<=670) 653,59 -81,7 718,94
Tramo 2 (<670 e <=900) 718,95 -98,04 900
Tramo 3 (>900 e <1.166,70) 849,67 -22,88 1.166,70
Táboa xeral Tramo 1 (>=1.166,70 e <=1.300) 950,98 0 1.300
Tramo 2 (>1.300 e <=1.500) 960,78 0 1.500
Tramo 3 (>1.500 e <=1.700) 960,78 0 1.700
Tramo 4 (>1.700 e <=1.850) 1.143,79 98,04 1.850
Tramo 5 (>1.850 e <=2.030) 1.209,15 147,06 2.030
Tramo 6 (>2.030 e <=2.330) 1.274,51 196,08 2.330
Tramo 7 (>2.330 e <=2.760) 1.365,21 245,1 2.760
Tramo 8 (>2.760 e <=3.190) 1.437,91 261,44 3.190
Tramo 9 (>3.190 e <=3.620) 1.519,61 277,78 3.620
Tramo 10 (>3.620 e <=4.050) 1.601,31 294,12 4.050
Tramo 11 (>4.050 e <=6.000) 1.732,03 277,78 4.139,40
  Tramo 12 (>6.000) 1.928,10 196,07 4.139,40

Así mesmo, tal e como establece a dita disposición transitoria, antes de rematar o período transitorio, o Goberno avaliará, no marco do Diálogo Social, a evolución das distintas fases do mesmo e, unha vez finalizado o período transitorio, a cotización dos traballadores encadrados no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos efectuarase segundo os rendementos netos obtidos no exercicio das súas actividades económicas, empresariais ou profesionais conforme dispón o artigo 308 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social.

Publicación BOE