Marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas (financiamento Igape-pemes)


  • 13/01/2025
  • 30/09/2025
Accede desde aquí

IG535A - Marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas (financiamento Igape-pemes)

Data de publicación: 13/01/2025

Data inicio de solicitude: 21/01/2025

Data remate de solicitude: 30/09/2025

Obxecto

A finalidade desta convocatoria é aprobar as bases que regulan as condicións e o procedemento de tramitación do Marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca (SGR) e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes), que se desagrega nas liñas de financiamento específicas detalladas no anexo I da devandita convocatoria. E se convocan para o ano 2025 a Liña de préstamos para o crecemento das pemes-Reavais Crecemento e da Liña de garantías vinculadas a operacións de tráfico ou avais técnicos-Reavais Garantías, en réxime de concorrencia non competitiva.

Características da axuda

As axudas contempladas no anexo I da convocatoria, tratan de dar resposta ás necesidades de financiamento detectadas nas pemes galegas, facilitando:

a) Préstamos avalados para o crecemento das pemes, co obxecto de favorecer, mediante reavais, o acceso a préstamos a longo prazo para financiar investimentos produtivos e/ou circulante estrutural por parte das pemes galegas, e dando a posibilidade de aplicar os fondos, total ou parcialmente, ao pagamento e/ou reestruturación de débedas con entidades financeiras.

b) Garantías ante terceiros vinculadas a operacións de tráfico ou avais técnicos, co obxecto de favorecer a capacidade das pemes para outorgar garantías fronte a terceiros, para garantir o cumprimento de contratos, tráfico comercial ou avais técnicos.

En ambas modalidades, o apoio do Igape consiste nunha bonificación da comisión do aval e, se é o caso, do tipo de xuro, e a posibilidade, en aplicación da normativa vixente de avais do Igape, de reaval de, como máximo, o 25 % do risco asumido polas SGR, que facilite o acceso ao crédito.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias das axudas reguladas nestas bases as pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto da actuación a financiar, localizada na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Cumpran os requisitos e condicións establecidos para a correspondente liña de financiamento, que se detallan no anexo I da convocatoria.

Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido desde: 
Lunes, 13 Enero, 2025
Válido hasta: 
Martes, 30 Septiembre, 2025