Axudas a proxectos que impulsen e reforcen a transición á cadea de valor do vehículo eléctrico e á descarbonización do sector de automoción en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea (FEDER) - Liña 3 enerxías renovables
- 14/01/2025
- 30/04/2025
-
Etapa
IN422P - Axudas a proxectos que impulsen e reforcen a transición á cadea de valor do vehículo eléctrico e á descarbonización do sector de automoción en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027 - Liña 3 enerxías renovables e hidróxeno renovable
Data de publicación: 14/01/2025
Data inicio de solicitude: 22/01/2025
Data remate de solicitude: 30/04/2025
Obxecto
A concesión de axudas destinadas a apoiar á industria da automoción galega dentro do Plan de Apoio á Descarbonización e Transición ao Vehículo Eléctrico do Sector da Automoción de Galicia, mediante apoios a enerxías renovables e hidróxeno renovable.
Características da axuda
Serán subvencionables os investimentos para o desenvolvemento de proxectos relacionados coa enerxía procedente de fontes renovables e co hidróxeno de orixe renovable. Teranse en conta as seguintes consideracións xerais:
a) No caso de proxectos relacionados co aproveitamento de enerxías renovables para a xeración de electricidade, só serán elixibles aqueles destinados ao autoconsumo. Non serán elexibles as instalacións que utilicen como recurso a enerxía eólica.
b) Axudas ao investimento para proxectos de almacenamento de electricidade unicamente na medida na que se concedan a proxectos combinados de enerxía renovable e almacenamento (behind-the-meter - «tras o contador»), sempre que ambos elementos sexan compoñentes dun único investimento ou que o almacenamento estea conectado a unha instalación de enerxías renovables existente. O compoñente de almacenamento absorberá polo menos o 75 % da súa enerxía de instalacións de xeración de enerxía renovable directamente conectadas, sobre unha base anual, non sendo subvencionables as baterías de chumbo-ácido. As mesmas normas serán de aplicación ao almacenamento térmico conectado directamente a unha instalación de produción de enerxías renovables.
c) Axudas ao investimento para instalacións de produción, distribución e/ou consumo de hidróxeno renovable unicamente na medida na que a electricidade utilizada para a produción no electrolizador sexa de orixe renovable. Para a acreditación da orixe renovable da electricidade estarase ao disposto no Regulamento delegado (UE) 2023/1184 polo que se completa a Directiva (UE) 2018/2001 sobre fontes de enerxía renovable. As instalacións de hidróxeno verde deben supoñer unha mellora ambiental efectiva e reducir as emisións de dióxido de carbono por medio do uso de fontes renovables de forma directa e/o indirecta, o que deberá xustificarse na memoria descritiva. Esta redución das emisións de gases de efecto invernadoiro na utilización do hidróxeno como combustible para o transporte será do 70 %, segundo o establecido no artigo 7 do Real decreto 376/2022, do 17 de maio, polo que se regulan os criterios de sustentabilidade e de redución das emisións de gases de efecto invernadoiro dos biocarburantes, biolíquidos e combustibles de biomasa, e calcularase de acordo coa metodoloxía establecida no Regulamento (UE) 2023/1185.
d) No caso de instalacións de biocarburantes, biolíquidos, biogás, e combustible de biomasa deben xustificar que cumpren os criterios de sostibilidade e redución das emisións de gas de efecto invernadoiro da Directiva (UE) 2018/2001 e os seus actos de execución ou delegados e se produciran a partir das materias primas enumeradas no anexo IX de dita Directiva.
Serán subvencionables proxectos de biogás e/o biometano e os equipos e infraestructuras necesarios para o aproveitamento enerxético dese gas renovable, de forma que a produción do biogás/biometano realícese en plantas asociadas aos recursos e demandas locais. A produción de biogás/biometano realizarase en plantas de dixestión anaerobia asociadas que utilicen como materia prima biorresiduos urbanos ou municipais xa separados ou lodos de plantas de depuración de augas. Os proxectos deberán destinar unha parte do gas renovable xerado ao autoconsumo enerxético, identificando e confirmando os compromisos de consumo. As instalacións de biogás deberán lograr unha redución das emisións de gases de efecto invernadoiro de, polo menos, un 80 % no caso de producir electricidade ou calor, e igual ou superior ao 65 % no caso de producir biogás/biometano para uso en transporte, de acordo coa metodoloxía establecida no Real decreto 376/2022, do 17 de maio, polo que se regulan os criterios de sustentabilidade e de redución das emisións de gases de efecto invernadoiro dos biocarburantes, biolíquidos e combustibles de biomasa. No caso de depuradoras de augas residuais, serán elixibles exclusivamente os custos a partir do proceso dixestión anaerobica.
Serán custos subvencionables os custos totais do investimento asociado á xeración renovable, en concreto considéranse custos subvencionables: a elaboración dos proxectos técnicos, a dirección facultativa, a obra civil relacionada coa actuación, o prezo dos equipamentos, os accesorios e elementos de interconexión, a súa montaxe e posta en marcha así como os compoñentes de protección, regulacion e control. Serán de aplicación os seguintes custos elixibles máximos en función da potencia e requisitos específicos establecidos na convocatoria para as seguintes tecnoloxías:
i. Renovables eléctricas.
ii. Renovables térmicas.
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as empresas do sector de automoción cun centro de traballo en Galicia no que se desenvolva o proxecto subvencionado.
Consideraranse industrias de automoción aquelas cuxa actividade principal se desenvolva nos CNAE 29 e 30, en calquera dos seus subepígrafes e tamén aquelas empresas que, non estando dadas de alta en actividades deses CNAE, estean asociadas á Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia.