Promoción do Emprego Autónomo das persoas traballadoras autónomas - 2025


  • 17/01/2025
  • 30/09/2025

TR341D - Promoción do Emprego Autónomo das persoas traballadoras autónomas - 2025

Data de publicación: 17/01/2025

Data inicio de solicitude: 24/01/2025

Data remate de solicitude: 30/09/2025


Infografía explicativa


Obxecto

Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar 2 liñas de axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo e mantemento da súa actividade laboral.

Ao abeiro deste Programa subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional e os gastos de mantemento da actividade, que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 30 de setembro de 2024 ata o 30 de setembro de 2025, ambas inclusive.

Características da axuda

As 2 liñas de axuda establecidas son compatibles entre si, e o seu obxecto é o de axudar ás persoas desempregadas ao inicio e ao mantemento do seu emprego como persoas traballadoras autónomas e deste xeito facilitarlle ingresos durante o inicio da súa actividade laboral:

Liña 1: axuda para apoiar ás persoas desempregadas no inicio da actividade e no mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma e deste xeito facilitarlle ingresos durante o inicio da súa actividade laboral.

Establécese unha subvención segundo o método de custes simplificados, para todas aquelas persoas que teñan a condición de beneficiarias de acordo co establecido na Orde, segundo a súa situación no momento de inicio da actividade laboral, coas seguintes contías:

2.000 € para persoas desempregadas en xeral.

4.000 € para o caso de persoas desempregadas que se atopen nalgún dos seguintes colectivos no momento de alta no RETA ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social, que non serán acumulables:

a) Persoas menores de 30 anos.

b) Persoas desempregadas de longa duración.

c) Persoas desempregadas con discapacidade o en situación de dependencia.

d) Persoas desempregadas que se atopen en situación ou risco de exclusión social.

e) Persoas desempregadas que teñan a condición de emigrante retornada.

f) Persoas desempregadas que teñan a condición de estranxeira.

g) Persoas maiores de 52 anos.

A contía base correspondente incrementarase nun 15 % nos seguintes casos:

a) Se a persoa incorporada é unha muller.

b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.

c) Persoas maiores de 45 anos (incremento non aplicable ao apartado g anterior).

d) Persoas trans.

e) Profesións e oficios nos que a muller estea subrepresentada, segundo a definición recollida na Orde e cuxa relación figura na Sede electrónica da Xunta de Galicia e que figura ao final desta ficha.

Estes cinco incrementos son acumulables e deste xeito a contía máxima posible, de aplicárense todos os incrementos, sería de 7.000 €.

Liña 2: axuda para sufragar os gastos do mantemento da actividade por conta propia das persoas desempregadas que se inician como traballadoras autónomas, equivalente á contía da cota reducida regulada no apartado 1 do artigo 38 ter da Lei 20/2007, de 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, multiplicada por 12, e sempre que se acollan á citada redución.

O importe da dita contía, 80 € mensuais, será o determinado polo Real decreto lei 13/2022, do 26 de xullo, polo se establece un novo sistema de cotización para os traballadores autónomos e se mellora a protección por cese de actividade.

Persoas beneficiarias

Serán beneficiarias aquelas persoas que cumpran os requisitos establecidos e que causen alta definitiva no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, entre 30 de setembro de 2024 e o 30 de setembro de 2025, ambas inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, sempre que cumpran as seguintes condicións:

Para a liña 1:

a) Estar inscrita como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego, no momento da alta en vida laboral como persoa autónoma ou, no caso de mutualistas, mediante certificado da mutua correspondente, carecendo de ocupación efectiva segundo o disposto.

b) Ser titular ou cotitular do negocio ou explotación e ter iniciada a actividade laboral con anterioridade á presentación da solicitude da subvención, e non ter ningunha alta inicial anterior como persoa traballadora autónoma nos cinco (5) anos inmediatamente anteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG, salvo que dita alta houbera sido como persoa autónoma colaboradora.

c) Atoparse de alta no Imposto de Actividades Económicas.

d) Desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia (segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 ou 037).

e) Ter o domicilio fiscal en Galicia con anterioridade á solicitude da axuda.

Quedan excluídas desta liña as persoas socias de sociedades mercantís, sociedades laborais, os administradores e as persoas autónomas colaboradoras.

Para a liña 2:

a) Ser persoa autónoma beneficiaria da cota reducida regulada no apartado 1 do artigo 38 ter da Lei 20/2007, de 11 de xullo no momento de presentación da solicitude.

b) Estar inscrita como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego, no momento da alta en vida laboral como persoa autónoma ou, no caso de mutualistas, mediante certificado da mutua, carecendo de ocupación efectiva segundo o disposto.

c) Ter iniciada a actividade, segundo a definición indicada, con anterioridade á presentación da solicitude da subvención.

d) Atoparse de alta no Imposto de Actividades Económicas.

e) Desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia (segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 ou 037).

f) Ter o domicilio fiscal en Galicia con anterioridade á solicitude da axuda.

g) No suposto de persoas socias de sociedades mercantís, sociedades laborais, cooperativas de traballo asociado e administradores das mesmas, estas deberán ser de nova creación, isto é aquelas que inicien a actividade empresarial desde do 30 de setembro de 2024, segundo a data que figure no Imposto de actividades económicas ou, no seu caso, na data de alta no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal da Administración Tributaria.

As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa, cando formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención. 


Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Anexo subrepresentación feminina

Válido desde: 
Viernes, 17 Enero, 2025
Válido hasta: 
Martes, 30 Septiembre, 2025