Nova convocatoria dos cursos de prevención de riscos laborais de nivel básico

A Escola Galega de Administración Pública en colaboración co Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Isgga) ven de publicar no Diario Oficial de Galicia unha nova convocatoria dun curso en materia de prevención de riscos laborais nivel básico no que poderán participar tamén persoas traballadoras autónomas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 21 ao 28 de febreiro de 2025 desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo web seguinte:

Información matrícula

A continuación, detállase a información principal do curso:

Denominación do curso Edición Prazas Horas Modalidade Data de inicio Data de remate
Prevención de riscos laborais. Nivel básico. Isgga (CV25001) T01 100 60 Teleformación 11/03/2025 09/05/2025
T02 100 60 Teleformación 11/03/2025 09/05/2025
T03 100 60 Teleformación 11/03/2025 09/05/2025

Máis información sobre o curso no seguinte enlace:


Publicación DOG