Actualización do código CNAE na Tesoureria Xeral da Seguridade Social

O 15 de xaneiro de 2025 publicouse no BOE o Real Decreto 10/2025, de 14 de xaneiro, polo que se aproba a Clasificación Nacional de Actividades Económicas 2025 dando lugar a unha nova Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE-2025) que vai substituír á CNAE-2009.

Esta clasificación afectará os traballadores autónomos que actualmente se atopan de alta, toda vez que tal e como establece a Disposición adicional única deberase comunicar á Tesourería Xeral da Seguridade Social a nova codificación da variable actividade económica segunda a CNAE 2025.

Polo tanto, é necesario que se actualice a información do novo código CNAE-2025 para cada unha das actividades que desempeña en Traballo Autónomo, tendo de prazo máximo ata o vindeiro 30 de xuño de 2025.

O dito cambio pódese facer desde a área persoal en Importass, na sección "Ver os teus datos de autónomo", comunicando a actividade coa nova lista de actividades CNAE-25, xa que non existe unha equivalencia única coa lista de actividades CNAE-09.

De igual modo, segundo a información que transmite a Tesourería Xeral da Seguridade Social, esta vai modificar de forma automática o devandito código naquelas actividades nas que si existe unha única equivalencia entre a lista de actividades CNAE-09 e CNAE-25.


Publicación BOE