Subvencións para o mantemento do emprego feminino “Emprendou en feminino” - 2025

- 05/08/2025
- 15/10/2025
-
Etapa
Subvencións para o mantemento do emprego feminino “Emprendou en feminino” - 2025
Data de publicación: 05/08/2025
Data inicio de solicitude: 06/08/2025
Data remate de solicitude: 15/10/2025
Obxecto
Este anuncio ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas a persoas físicas que estean a desenvolver proxectos empresariais, de autoemprego ou profesionais en municipios da provincia de Ourense.
Características da axuda
A subvención á que poderán acceder as persoas solicitantes consistirá nunha axuda económica cun importe fixo equivalente á metade do salario mínimo interprofesional do ano 2025 (592,00 €) por persoa solicitante que cumpra todos os requisitos previstos.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas físicas que, a partir do 1 de xaneiro de 2023, iniciasen a súa actividade empresarial ou profesional por conta propia nalgún dos municipios da provincia de Ourense e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ser muller.
b) Ter unha antigüidade mínima de 6 meses na actividade empresarial/profesional á data da solicitude.
c) Ter máis de 16 anos e menos de 35 anos.
d) Ter nacionalidade española ou ser cidadá da Unión Europea ou dos estados parte do Acordo Económico Europeo ou de Suíza, ou ser estranxeira titular dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar pola súa conta.
e) Estar dada de alta como residente no padrón dalgún dos municipios da provincia de Ourense.
f) Estar dada de alta na Seguridade Social en calquera réxime para o exercicio por conta propia ou como colexiada en exercicio nunha mutualidade colexial cunha antigüidade mínima de 6 meses á data da solicitude.
g) Estar dada de alta para a actividade subvencionada nalgún municipio da provincia de Ourense, acreditado mediante o modelo común (modelo 036) ou simplificado (modelo 037), cunha antigüidade mínima de 6 meses á data da solicitude.