Publicada a relación de festas laborais para o ano 2026
O BOE ven de publicar a Resolución de 17 de outubro de 2025, da Dirección General de Trabajo, pola que se publica a relación de festas laborais para o ano 2026, enumerando as festas laborais de ámbito nacional, de carácter retribuído e non recuperable e as que as propias Comunidades Autóomas optan por outras que, por tradición, lles son propias.
No caso da Comunidade Autónoma de Galicia, os doce días inhábiles para o traballo, retribuídos e non recuperables son os seguintes:
1 de xaneiro (*).
6 de xaneiro (**).
19 de marzo (**).
2 de abril (**).
3 de abril (*).
1 de maio (*).
24 de xuño (***).
25 de xullo (**).
15 de agosto (*).
12 de outubro (*).
8 de decembro (*).
25 de decembro (*).
Os códigos das festas son os seguintes:
(*) Festa Nacional non substituíble.
(**) Festa Nacional respecto da que non se ten exercido a facultade de substitución.
(***) Festa da Comunidade Autónoma.
