Axudas para atracción de empresas a Galicia - 2026


  • 16/01/2026
  • 30/09/2026

IG408H - Axudas para atracción de empresas a Galicia - 2026

Data de publicación: 16/01/2026

Data inicio de solicitude: 28/01/2026

Data remate de solicitude: 30/09/2026

Obxecto

Esta Resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar as axudas para o financiamento de proxectos de investimento empresarial das seguintes modalidades:

I.1. Proxectos de investimento empresarial cun investimento subvencionable entre 800.000 € e 10.000.000 €.

I.2. Proxectos de investimento igual ou superior a 100.000 €, cunha creación de emprego de 25 ou máis postos de traballo de carácter indefinido a tempo completo.

No anexo I da Resolución desenvólvense, nun cadro de especificacións, os requisitos, condicións e características de cada unha destas modalidades.

Os proxectos de investimento obxecto de apoio deberán responder a algunha das tipoloxías de proxecto subvencionables establecidas na letra A das especificacións xerais do anexo I para ambas as modalidades.

No caso de que o investimento subvencionable dunha solicitude da liña I.1 supere o límite máximo fixado na epígrafe 1.A) do anexo I, para os efectos da concesión, axustarase o investimento subvencionable a esa contía máxima.

Características da axuda

Serán subvencionables os investimentos proxectados ou o emprego que se vai crear para o desenvolvemento das actividades económicas relacionadas no anexo III das bases reguladoras.

Serán subvencionables os investimentos en activos fixos, materiais ou inmateriais, ou alternativamente, os custos salariais do emprego que se vai crear, que estean vinculados ao proxecto para o que se solicita a axuda, e que se materialicen nos conceptos e cos requisitos que se relacionan na epígrafe 1.B) do anexo I, cadro de especificacións.

Os activos adquiridos deberán ser novos, excepto para a adquisición de construcións ou inmobles nos casos e cos requisitos en que así se prevexa expresamente na epígrafe 1.B) do cadro de especificacións do anexo I e segundo as condicións establecidas.

A contía da axuda será a indicada para cada modalidade no anexo I, na letra 1.A) do cadro de especificacións da Resolución.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias as pequenas e medianas empresas que proxecten levar a cabo un investimento nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia, considerado subvencionable ao abeiro do regulado.


Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido desde: 
Viernes, 16 Enero, 2026
Válido hasta: 
Miércoles, 30 Septiembre, 2026