Programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais - 2026


  • 23/06/2026
  • 15/09/2026

TR802R - Programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais - 2026

Data de publicación: 23/06/2026

Data inicio de solicitude: 01/07/2026

Data remate de solicitude: 15/09/2026

Obxecto

Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas para dar apoio á transformación en cooperativas ou sociedades laborais dos negocios sen remuda xeracional, de todo tipo de sociedades, incluídas as cooperativas xuvenís, e das persoas traballadoras autónomas, que xa estivesen a exercer unha actividade económica.

Características da axuda

Os conceptos subvencionables son os seguintes:

1. Asesoramento legal para a constitución da cooperativa ou da sociedade laboral, así como para a transformación nunha destas entidades de economía social. Os gastos de rexistro, notaría e os informes legalmente preceptivos para o proceso de transformación.

2. Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.

3. Obtención de certificacións de calidade.

4. Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.

5. Plan de protección de datos.

6. Equipamento informático.

7. Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web.

8. Mellora na eficiencia enerxética.

9. Adquisición de equipamento.

10. Reforma do local de negocio.

11. Mobiliario.

12. Elementos de transporte.

13. Aluguamento do local do centro de traballo.

14. Seguro de responsabilidade civil e responsabilidade civil de explotación do centro de traballo.

A contía da axuda será equivalente ao 80 % do custo total dos gastos subvencionables para o caso de sociedades laborais e cooperativas constituídas por ausencia de remuda xeracional.

A contía da axuda será equivalente ao 60 % do custo total dos gastos subvencionables para os casos de sociedades laborais e cooperativas constituídas por persoas autónomas ou por transformación doutras entidades.

A contía da axuda polos conceptos subvencionables terá os seguintes límites:

4.000 € para o gasto incluído no concepto 1.

5.000 € para cada un dos gastos incluídos nos conceptos 2, 3, 4 e 5.

8.000 € e 12 mensualidades, como máximo, para o alugamento do centro de traballo, incluído no concepto 13.

500 €, como máximo, para os seguros de responsabilidade civil e responsabilidade civil de explotación no seu conxunto, incluídos no concepto 14.

O límite máximo das axudas para os gastos subvencionables especificados establécese en 30.000 € por entidade beneficiaria.

A contía da axuda anteriormente detallada poderá incrementarse en 2.000 € por cada unha das condicións que se cumpra das que se sinalan a continuación, cun máximo de 16.000 euros por entidade beneficiaria:

a) 2.000 € no caso de que a sede social da entidade beneficiaria estea situada nun concello rural.

b) 2.000 € no caso de que as entidades beneficiarias estean formadas maioritariamente por mulleres.

c) 2.000 € no caso de que na actividade económica da nova entidade beneficiaria as mulleres contratadas nos grupos ocupacionais estean subrepresentadas.

d) 2.000 € no caso de que as entidades estean formadas maioritariamente por persoas menores de 30 anos na data de solicitude da axuda.

e) 2.000 € no caso de que as entidades beneficiarias estean formadas maioritariamente por persoas emigrantes retornadas.

f) 2.000 € no caso de que as entidades beneficiarias estean formadas maioritariamente por persoas maiores de 45 anos.

g) 2.000 € no caso de que as entidades beneficiarias estean formadas maioritariamente por persoas con discapacidade.

h) 2.000 € no caso de que as entidades beneficiarias estean formadas maioritariamente por persoas trans.

A axuda total para cada entidade beneficiaria polos conceptos recollidos nos dous apartados non poderá exceder os 46.000 euros.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as sociedades laborais ou cooperativas creadas nos tres anos anteriores á data da presentación da solicitude, mediante algún dos procesos que se detallan a continuación:

a) Constitución por ausencia de remuda xeracional.

b) Constitución por persoas autónomas.

c) Constitución por transformación:

c.1) Transformación de todo tipo de sociedades, incluídas as cooperativas xuvenís, en cooperativas ou sociedades laborais debidamente inscritas no rexistro correspondente na data da solicitude.

c.2) Procesos de adquisición da totalidade do capital integrante dunha sociedade mediante compravenda das súas participacións ou accións por parte, fundamentalmente, das súas persoas traballadoras, coa finalidade de levar a termo a continuación total ou parcial do seu obxecto social e de transformación nunha sociedade laboral ou nunha cooperativa logo de adopción, elevación a público e inscrición dos acordos de modificación estatutaria precisos para a súa transformación en sociedade laboral, ou logo de adopción, elevación a público e inscrición dos acordos de reestruturación societaria e modificación estatutaria precisos para a súa transformación en cooperativa.


Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido desde: 
Martes, 23 Junio, 2026
Válido hasta: 
Martes, 15 Septiembre, 2026