Publicación da Orde que establece os domingos e festivos polo que se autoriza a apertura de establecementos comerciais no ano 2027
O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a Orde do 10 de setembro de 2026 pola que se establecen os domingos e festivos en que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2027, atendendo ao establecido na Lei 1/2013, do 13 de febreiro, pola que se modifica a Ley 13/2006, de 27 decembro, de horarios comerciais de Galicia.
Deste xeito, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, que posúe as competencias en materia de comercio, atende á obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia os domingos e días festivos en que os establecementos comerciais poderán permanecer abertos ao público o 2027 e que serán, como máximo, de dez.
A dita publicación faise logo da consulta ás asociacións de consumidores máis representativas con implantación en toda a comunidade, ao Consello Galego de Cámaras Oficiais de Comercio, Industria e Navegación de Galicia e ás demais organizacións empresariais e sindicais do sector comercial máis representativas de Galicia e tendo en conta o interese xeral do comercio e dos consumidores, procédese á fixación dos 10 domingos e festivos que, para os efectos do exercicio da actividade comercial, terán a condición de hábiles durante o ano 2027:
- 3 de xaneiro.
- 10 de xaneiro.
- 25 de marzo.
- 27 de xuño.
- 31 de outubro.
- 28 de novembro.
- 5 de decembro.
- 12 de decembro.
- 19 de decembro.
- 26 de decembro.
