Prorrogado o prazo para a implantación do sistema Verifactu
O Boletín Oficial do Estado ven de publicar a Orde HAC/1028/2026, de 2 de outubro, pola que se regula a solución pública de facturación electrónica, de acordo co disposto na disposición final terceira do Real Decreto 238/2026, de 25 de marzo, polo que se desenvolve o sistema de facturación electrónica obrigatoria entre empresarios e profesionais e polo que se modifica o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación, aprobado polo Real Decreto 1619/2012, de 30 de novembro.
Tal e como indica a propia AEAT, co obxectivo de favorecer a máxima converxencia posible entre os sistemas de facturación electrónica e o Regulamento de sistemas informáticos de facturación (VERI*FACTU), tanto desde o punto de vista normativo como técnico, considerouse conveniente aliñar os calendarios de implantación da normativa de facturación electrónica para pemes e autónomos e do Regulamento de sistemas informáticos de facturación e, por tanto, proceder ao aprazamento das obrigas pendentes de aplicación do Real Decreto 1007/2023, do 5 de decembro, ata outubro de 2028, para facelas coincidir coa obrigatoriedade da factura electrónica para empresarios e profesionais cuxa facturación anual non supere os 8 millóns de euros.
En todo caso, as esixencias establecidas no Real Decreto 1007/2023 en materia de integridade, conservación, accesibilidade, lexibilidade, rastrexabilidade e inalterabilidade, así como as restantes garantías técnicas do sistema, manteranse en termos substancialmente equivalentes aos previstos no seu desenvolvemento normativo actual.
