Trámites Ventanilla Única

Somos unha asesoría especializada en Traballadores por Conta Propia/Autónomos. O noso servizo comprende a xestión directa, persoal e integral de todas as obrigacións tributarias e laborais dos autónomos (confección, presentación e custodia dos modelos oficiais).

Se es autónomo/a ou tes intención de selo pronto, e o teu negocio non é do sector da agricultura, gandería e/ou pesca, podes beneficiarte das vantaxes de ser cliente de Trámites Ventanilla Única. Para calquera volume de facturación, está incluído todo o relativo o autónomo/a:

  • Alta de autónomo/a, asesoramento previo a alta e modificacións censales.
  • Asesoramento, resolución de dúbidas e planificación fiscal.
  • Libros de Rexistro Oficiais: Ingresos, Gastos e Bens de investimento.
  • Modelo trimestral (303) e anual (390) de IVE.
  • Modelo trimestral (130) de IRPF.
  • Modelo trimestral (111) e anual (190) de retencións de IRPF.
  • Modelo trimestral (115) e anual (180) de ret. de IRPF (aluguer de local).
  • Declaración anual de operacións con terceiras persoas (347).
  • Declaración trimestral ou anual de operacións intracomunitarias (349).

E se tes ou queres contratar traballadores, tes á túa disposición o noso servizo de Asesoría Laboral, incluíndo todo o necesario:

  • Asesoramento, resolución de dúbidas e planificación laboral.
  • Contratación e Alta de traballadores en Seguridade Social.
  • Confección de nóminas.
  • Liquidación de Seguros Sociais.
  • Xestión de procesos de Incapacidade Temporal.
  • Despidos e Rescisións de Contratos de Traballo.
  • Liquidación, Certificado de Empresa e baixa de traballadores en Seguridade Social.

 


Datos de contacto


Presenza na rede


MARGARITA FERREIRA PEREIRA

*CONTABLE-FISCAL  a empresas e autónomos:

A correcta xestión e liquidación de impostos é fundamental para a empresa actual. Ante unha lexislación cambiante, dispersa e non sempre clara, a labor do asesor cobra unha importancia vital. Noso servizo fiscal está diseñado para minimizar o impacto fiscal na sua conta de resultados, mediante un firme cumprimento da normativa e seguimento continuo.  Facemos contabilidades, balances, conta de resultados, informes coa aplicación e implatación da normativa conforme o Plan Xeral Contable. Abordando para cada tipo de empresa, as suas necesidades especificas. 

Queremos diferenciarnos do asesoramento clásico e ofrecer un servizo moi personalizado, se vostede necesita , confección de facturas, orzamentos, envío de correos electrónicos, listado de vencementos, atención a pagos..etc, calquer xestión o trámite que lle resulte engorroso ou simplemente lle reste tempo, nos estaremos a sua enteira disposición para realizados por vostede  e donde vostede nos requira, na sua empresa ou no noso despacho. 

 

*Asesoramento fiscal a particulares:

Estudio sobre calquer decisión económica que un particular teña que tomar, facendo así que o efecto fiscal de ditas decisións se minimice. Tanto en aceptacións de herdanzas, -LIQUIDACION SUCESIONS, donacions e incrementos de patrimonio, aportacions a sociedade conxugal /gananciais, venta de inmobles, actividades profesionais e empresariais, alquiler locais, vivenda. Declaracións da renda (IRPF), recursos ante administraciones, catastro. 

De igual xeito, asesoramos e axudamos en calquer outro tipo de trámite que na vida diaria se poida encontrar: recursos multas, alegacions, declaracións rendas fora de prazo, transferencias, arrendamento locais ou vivendas, etc.