CONTABLE FISCAL
Trámites Ventanilla Única
Somos unha asesoría especializada en Traballadores por Conta Propia/Autónomos. O noso servizo comprende a xestión directa, persoal e integral de todas as obrigacións tributarias e laborais dos autónomos (confección, presentación e custodia dos modelos oficiais).
Se es autónomo/a ou tes intención de selo pronto, e o teu negocio non é do sector da agricultura, gandería e/ou pesca, podes beneficiarte das vantaxes de ser cliente de Trámites Ventanilla Única. Por un precio moi económico (25 €/mes IVE incluido) para calquera volume de facturación, está incluído todo o relativo o autónomo/a:
- Alta de autónomo/a, asesoramento previo a alta e modificacións censales.
- Asesoramento, resolución de dúbidas e planificación fiscal.
- Libros de Rexistro Oficiais: Ingresos, Gastos e Bens de investimento.
- Modelo trimestral (303) e anual (390) de IVE.
- Modelo trimestral (130) de IRPF.
- Modelo trimestral (111) e anual (190) de retencións de IRPF.
- Modelo trimestral (115) e anual (180) de ret. de IRPF (aluguer de local).
- Declaración anual de operacións con terceiras persoas (347).
- Declaración trimestral ou anual de operacións intracomunitarias (349).
Declaración Anual de IRPF modelo 100: Non se inclúe o non ser propiamente unha declaración do autónomo/a. Isto non significa que non a presentemos, senón que nos gusta informar de que é a única declaración que leva un custo adicional á cota publicitada. O custo adicional é de entre 40 e 60 euros segundo a súa complexidade (unidade familiar, rendas, desgravacións, inmobles, etc.)
Podemos ofrecer un precio tan competitivo porque para a optimización do traballo centrámonos só nun grupo determinado de autónomos (tampouco asesoramos pemes), o cal nos achega unha maior especialización na materia. Temos un sistema automatizado de xestión propio, sen intermediarios. E utilizamos os medios telemáticos para a comunicación e envío de datos, que supón á vez un servizo máis rápido e eficaz para o cliente (evitando esperas, trámites innecesarios, excesiva documentación e desprazamentos).
E se tes ou queres contratar traballadores, tes á túa disposición o noso servizo de Asesoría Laboral, incluíndo todo o necesario:
- Asesoramento, resolución de dúbidas e planificación laboral.
- Contratación e Alta de traballadores en Seguridade Social.
- Confección de nóminas.
- Liquidación de Seguros Sociais.
- Xestión de procesos de Incapacidade Temporal.
- Despidos e Rescisións de Contratos de Traballo.
- Liquidación, Certificado de Empresa e baixa de traballadores en Seguridade Social.
Os prezos por Asesoría Laboral (sin IVE) son:
- 20 euros/mes por traballador/a para empresas con 1 traballador.
- 15 euros/mes por traballador/a para empresas de 2 ou 3 traballadores.
- 12 euros/mes por traballador/a para empresas con 4 ou 5 traballadores.
- 10 euros/mes por traballador/a para empresas con 6 ou máis traballadores.
- 20 euros por trámite de alta/contratación de traballador/a.
- 20 euros por trámite de baixa/rescisión de traballador/a.
O noso compromiso é que renoves a túa confianza en nós mes a mes, podendo comprobar en todo momento a correcta presentación das túas declaracións mediante o correspondente certificado da Axencia Tributaria. Con todo, se por algunha razón non quedas satisfeito ou deixas de ser autónomo/a podes comunicar a túa baixa do servizo en calquera momento sen trámites.
Datos de contacto
Presenza na rede
MARGARITA FERREIRA PEREIRA
*CONTABLE-FISCAL a empresas e autónomos:
A correcta xestión e liquidación de impostos é fundamental para a empresa actual. Ante unha lexislación cambiante, dispersa e non sempre clara, a labor do asesor cobra unha importancia vital. Noso servizo fiscal está diseñado para minimizar o impacto fiscal na sua conta de resultados, mediante un firme cumprimento da normativa e seguimento continuo. Facemos contabilidades, balances, conta de resultados, informes coa aplicación e implatación da normativa conforme o Plan Xeral Contable. Abordando para cada tipo de empresa, as suas necesidades especificas.
Queremos diferenciarnos do asesoramento clásico e ofrecer un servizo moi personalizado, se vostede necesita , confección de facturas, orzamentos, envío de correos electrónicos, listado de vencementos, atención a pagos..etc, calquer xestión o trámite que lle resulte engorroso ou simplemente lle reste tempo, nos estaremos a sua enteira disposición para realizados por vostede e donde vostede nos requira, na sua empresa ou no noso despacho.
*Asesoramento fiscal a particulares:
Estudio sobre calquer decisión económica que un particular teña que tomar, facendo así que o efecto fiscal de ditas decisións se minimice. Tanto en aceptacións de herdanzas, -LIQUIDACION SUCESIONS, donacions e incrementos de patrimonio, aportacions a sociedade conxugal /gananciais, venta de inmobles, actividades profesionais e empresariais, alquiler locais, vivenda. Declaracións da renda (IRPF), recursos ante administraciones, catastro.
De igual xeito, asesoramos e axudamos en calquer outro tipo de trámite que na vida diaria se poida encontrar: recursos multas, alegacions, declaracións rendas fora de prazo, transferencias, arrendamento locais ou vivendas, etc.