Trámites Ventanilla Única
Trámites Ventanilla Única
Somos unha asesoría especializada en Traballadores por Conta Propia/Autónomos. O noso servizo comprende a xestión directa, persoal e integral de todas as obrigacións tributarias e laborais dos autónomos (confección, presentación e custodia dos modelos oficiais).
Se es autónomo/a ou tes intención de selo pronto, e o teu negocio non é do sector da agricultura, gandería e/ou pesca, podes beneficiarte das vantaxes de ser cliente de Trámites Ventanilla Única. Para calquera volume de facturación, está incluído todo o relativo o autónomo/a:
- Alta de autónomo/a, asesoramento previo a alta e modificacións censales.
- Asesoramento, resolución de dúbidas e planificación fiscal.
- Libros de Rexistro Oficiais: Ingresos, Gastos e Bens de investimento.
- Modelo trimestral (303) e anual (390) de IVE.
- Modelo trimestral (130) de IRPF.
- Modelo trimestral (111) e anual (190) de retencións de IRPF.
- Modelo trimestral (115) e anual (180) de ret. de IRPF (aluguer de local).
- Declaración anual de operacións con terceiras persoas (347).
- Declaración trimestral ou anual de operacións intracomunitarias (349).
E se tes ou queres contratar traballadores, tes á túa disposición o noso servizo de Asesoría Laboral, incluíndo todo o necesario:
- Asesoramento, resolución de dúbidas e planificación laboral.
- Contratación e Alta de traballadores en Seguridade Social.
- Confección de nóminas.
- Liquidación de Seguros Sociais.
- Xestión de procesos de Incapacidade Temporal.
- Despidos e Rescisións de Contratos de Traballo.
- Liquidación, Certificado de Empresa e baixa de traballadores en Seguridade Social.