Programa II: axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas - 2021


  • 04/08/2021
  • 30/09/2021
Accede desde aquí

TR349F - Programa II: axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas - 2021

Data de publicación: 04/08/2021

Data inicio de solicitude: 05/08/2021

Data remate solicitude: 30/09/2021

Infografía informativa



Obxecto

Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2021 dos incentivos á contratación indefinida inicial e á formación de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

Características da axuda

Por medio destes bonos as empresas que soliciten a subvención terán a posibilidade de obter axudas para a contratación indefinida inicial e para a formación.

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

. As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse coas seguintes axudas:

i. Primeira persoa traballadora indefinida. A axuda consistirá nunha contía de 4.000 euros cando se trate dunha persoa desempregada. Esta axuda será de 6.500 euros cando a persoa desempregada se atope nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables:

• Persoas desempregadas de longa duración.

• Persoas con discapacidade.

• Persoas en situación ou risco de exclusión social.

ii. Segunda e terceira persoa traballadora indefinida. A axuda consistirá nunha contía de 6.500 euros cando se trate dunha persoa desempregada. Esta axuda será de 9.000 euros cando a persoa desempregada se atope nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables:

• Persoas desempregadas de longa duración.

• Persoas con discapacidade.

• Persoas en situación ou risco de exclusión social.

Estas contías resultantes incrementaranse nun 25 % nos seguintes casos, que son acumulables entre si:

a) Se a persoa incorporada é unha muller.

b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.

c) Persoas maiores de 45 anos.

d) Se a persoa incorporada é unha persoa emigrante retornada.

e) Persoas trans.

f) Profesións e oficios en que a muller estea subrepresentada, segundo informe do Observatorio do Emprego, tal e como figuran no anexo III desta orde.

Deste xeito, as contías máximas posibles, de aplicarse todos os incrementos, serían:

– Para a primeira persoa traballadora indefinida 16.250 €.

– Para a segunda e terceira persoa traballadora indefinida 22.500 €

b) Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

Esta formación incentivarase, no caso das contratacións indefinidas inicias cunha axuda de 4.000 euros por cada persoa traballadora dada de alta nun contrato indefinido que en ambos os casos cumpran os requisitos establecidos na orde.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas previstas na orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido.


Publicación DOG

Ficha sede electrónica

Válido desde: 
Miércoles, 4 Agosto, 2021
Válido hasta: 
Jueves, 30 Septiembre, 2021