Axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (programa MOVES III) - 2021


  • 05/08/2021
  • 31/12/2024

IN421Q - Axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (programa MOVES III) - 2021-2023

Data de publicación: 05/08/2021

Data inicio de solicitude: 06/08/2021

Data remate solicitude: 31/12/2024 (ampliado o prazo)

Obxecto

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria das axudas correspondentes ás anualidades 2021-2023 para a concesión das subvencións correspondentes ao programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (programa MOVES III) de acordo coas bases reguladoras previstas no Real Decreto 266/2021, do 13 de abril, polo que se aproba a concesión directa de axudas para a execución de programas de incentivos ligados á mobilidade eléctrica (MOVES III) no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia Europeo.

Convócanse axudas para as seguintes actuacións:

Programa de incentivos 1. Adquisición de vehículos eléctricos «enchufables» e de pila de combustible (en diante, Adquisición de vehículos eléctricos).

Programa de incentivos 2. Implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos.

Características da axuda

Segundo establece o anexo III do Real Decreto 266/2021, as contías das axudas serán as seguintes:

Motorización Categoría Autonomía en modo de funcionamento eléctrico (km) segundo ciclo WLTP Límite prezo venda vehículo (€) sen IVE ou IGIC Axuda
Sen achatarramento Con achatarramento
Pila de combustible (FCV, FCHV) M1 - - 4.500€ 7.000€
PHEV, EREV, BEV Maior ou igual de 30 e menor de 90 45.000 (53.000 para vehículos BEV de 8 ou 9 prazas) 2.500€ 5.000€
Maior ou igual de 90 4.500€ 7.000€
PHEV, EREV, BEV, Pila combustible N1 Maior ou igual de 30 - 7.000€ 9.000€
BEV L6e - 1.400€ 1.600€
L7e 1.800€ 2.000€
L3e, L4e, L5e, con P ≥ 3kW Maior ou igual de 70 10.000 1.100€ 1.300€

 

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarios os suxeitos que se enumeran no artigo 11.1 do Real decreto 266/2021 sempre que teñan a súa residencia fiscal ou un establecemento permanente no territorio da comunidade autónoma de Galicia (para o Programa de incentivos 2 considerase que se cumpre este requisito se a actuación subvencionada se desenvolve no territorio da comunidade autónoma de Galicia).

En concreto, os seguintes:

1º. As persoas físicas que desenvolvan actividades económicas, polas que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, en cuxo caso haberán de estar dados de alta no Censo de Empresarios, Profesionais e Retenedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria.

2º. As persoas físicas maiores de idade, a excepción dos casos de discapacidade, que poderán ser menores de idade, con residencia fiscal en España e non incluídas no anterior punto.

3º. As comunidades de propietarios, reguladas pola Lei 49/1960, de 21 de xullo, sobre propiedade horizontal, que haberán de cumprir co previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, e en particular, co establecido no seu artigo 11.3.

4º. As persoas xurídicas, validamente constituídas en España no momento de presentar a solicitude, e outras entidades, con ou sen personalidade xurídica, cuxo número de identificación fiscal (NIF) comece polas letras A, B, C, D, E, F, G, J, R ou W. Tamén serán elixibles as entidades de conservación de polígonos ou sociedades agrarias de transformación cuxo NIF comece por V.

5º. As entidades locais, conforme o artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e o sector público institucional de calquera Administración pública a que se refire o artigo 2.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, sempre que non exerzan actividades económicas polas que ofrezan bens e servizos no mercado en cuxo caso se considerarán incluídas no anterior ordinal 4º.


Publicación DOG

1ª Modificación Resolución DOG

2ª Modificación Resolución DOG

3ª Modificación Resolución DOG

4ª Modificación Resolución DOG

Válido desde: 
Jueves, 5 Agosto, 2021
Válido hasta: 
Martes, 31 Diciembre, 2024