Axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (programa MOVES III) - 2021
- 05/08/2021
- 31/12/2024
-
Etapa
IN421Q - Axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (programa MOVES III) - 2021-2023
Data de publicación: 05/08/2021
Data inicio de solicitude: 06/08/2021
Data remate solicitude: 31/12/2024 (ampliado o prazo)
Obxecto
Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria das axudas correspondentes ás anualidades 2021-2023 para a concesión das subvencións correspondentes ao programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (programa MOVES III) de acordo coas bases reguladoras previstas no Real Decreto 266/2021, do 13 de abril, polo que se aproba a concesión directa de axudas para a execución de programas de incentivos ligados á mobilidade eléctrica (MOVES III) no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia Europeo.
Convócanse axudas para as seguintes actuacións:
Programa de incentivos 1. Adquisición de vehículos eléctricos «enchufables» e de pila de combustible (en diante, Adquisición de vehículos eléctricos).
Programa de incentivos 2. Implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos.
Características da axuda
Segundo establece o anexo III do Real Decreto 266/2021, as contías das axudas serán as seguintes:
Motorización | Categoría | Autonomía en modo de funcionamento eléctrico (km) segundo ciclo WLTP | Límite prezo venda vehículo (€) sen IVE ou IGIC | Axuda | |
---|---|---|---|---|---|
Sen achatarramento | Con achatarramento | ||||
Pila de combustible (FCV, FCHV) | M1 | - | - | 4.500€ | 7.000€ |
PHEV, EREV, BEV | Maior ou igual de 30 e menor de 90 | 45.000 (53.000 para vehículos BEV de 8 ou 9 prazas) | 2.500€ | 5.000€ | |
Maior ou igual de 90 | 4.500€ | 7.000€ | |||
PHEV, EREV, BEV, Pila combustible | N1 | Maior ou igual de 30 | - | 7.000€ | 9.000€ |
BEV | L6e | - | 1.400€ | 1.600€ | |
L7e | 1.800€ | 2.000€ | |||
L3e, L4e, L5e, con P ≥ 3kW | Maior ou igual de 70 | 10.000 | 1.100€ | 1.300€ |
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarios os suxeitos que se enumeran no artigo 11.1 do Real decreto 266/2021 sempre que teñan a súa residencia fiscal ou un establecemento permanente no territorio da comunidade autónoma de Galicia (para o Programa de incentivos 2 considerase que se cumpre este requisito se a actuación subvencionada se desenvolve no territorio da comunidade autónoma de Galicia).
En concreto, os seguintes:
1º. As persoas físicas que desenvolvan actividades económicas, polas que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, en cuxo caso haberán de estar dados de alta no Censo de Empresarios, Profesionais e Retenedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
2º. As persoas físicas maiores de idade, a excepción dos casos de discapacidade, que poderán ser menores de idade, con residencia fiscal en España e non incluídas no anterior punto.
3º. As comunidades de propietarios, reguladas pola Lei 49/1960, de 21 de xullo, sobre propiedade horizontal, que haberán de cumprir co previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, e en particular, co establecido no seu artigo 11.3.
4º. As persoas xurídicas, validamente constituídas en España no momento de presentar a solicitude, e outras entidades, con ou sen personalidade xurídica, cuxo número de identificación fiscal (NIF) comece polas letras A, B, C, D, E, F, G, J, R ou W. Tamén serán elixibles as entidades de conservación de polígonos ou sociedades agrarias de transformación cuxo NIF comece por V.
5º. As entidades locais, conforme o artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e o sector público institucional de calquera Administración pública a que se refire o artigo 2.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, sempre que non exerzan actividades económicas polas que ofrezan bens e servizos no mercado en cuxo caso se considerarán incluídas no anterior ordinal 4º.
1ª Modificación Resolución DOG
2ª Modificación Resolución DOG