Proxectos de enerxía solar fotovoltaica
- 15/07/2021
- 01/12/2021
-
Etapa
IN421S - Proxectos de enerxía solar fotovoltaica - 2021
Data de publicación: 07/07/2021
Data inicio de solicitude: 16/07/2021
Data remate de solicitude: 01/12/2021
Obxecto
Esta resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar o acceso ao apoio a proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos.
Características da axuda
Os investimentos subvencionables son os seguintes:
1. Os paneis solares fotovoltaicos.
2. O acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, proteccións, cablaxe, equipamentos de medidas e outros equivalentes), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota e outros equivalentes) e sistema de acumulación con baterías.
3. O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.
4. O custo de montaxe e conexionado.
Co obxectivo de garantir o correcto funcionamento das instalación, con carácter xeral, cando sexa de aplicación, cumprirase o Regulamento electrotécnico de baixa tensión (REBT) ou de alta tensión se for o caso. Por outra banda, establécese un rendemento mínimo do panel fotovoltaico do 17 % para que o proxecto sexa subvencionable.
A potencia máxima dos paneis fotovoltaicos do proxecto será de 100 kWp.
O investimento elixible máximo por potencia unitaria (sen IVE) estará limitado polos 840 €/kWp que poderán incrementarse ata os 1.100 €/kWp no caso de que se instale un sistema de baterías de litio cunha capacidade de acumulación en kWh igual ou superior á potencia pico da instalación.
Persoas beneficiarias
Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:
a) As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.
b) As entidades sen ánimo de lucro.
c) Empresas legalmente constituídas e autónomos; incluídas as empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía.
Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación das presentes bases.