Proxectos de enerxía solar fotovoltaica


  • 15/07/2021
  • 01/12/2021
Accede dende aquí

IN421S - Proxectos de enerxía solar fotovoltaica - 2021

Data de publicación: 07/07/2021

Data inicio de solicitude: 16/07/2021

Data remate de solicitude: 01/12/2021

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar o acceso ao apoio a proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos.

Características da axuda

Os investimentos subvencionables son os seguintes:

1. Os paneis solares fotovoltaicos.

2. O acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, proteccións, cablaxe, equipamentos de medidas e outros equivalentes), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota e outros equivalentes) e sistema de acumulación con baterías.

3. O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.

4. O custo de montaxe e conexionado.

Co obxectivo de garantir o correcto funcionamento das instalación, con carácter xeral, cando sexa de aplicación, cumprirase o Regulamento electrotécnico de baixa tensión (REBT) ou de alta tensión se for o caso. Por outra banda, establécese un rendemento mínimo do panel fotovoltaico do 17 % para que o proxecto sexa subvencionable.

A potencia máxima dos paneis fotovoltaicos do proxecto será de 100 kWp.

O investimento elixible máximo por potencia unitaria (sen IVE) estará limitado polos 840 €/kWp que poderán incrementarse ata os 1.100 €/kWp no caso de que se instale un sistema de baterías de litio cunha capacidade de acumulación en kWh igual ou superior á potencia pico da instalación. 

Persoas beneficiarias

Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:

a) As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.

b) As entidades sen ánimo de lucro.

c) Empresas legalmente constituídas e autónomos; incluídas as empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía.

Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación das presentes bases.


Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido dende: 
xoves, 15 Xullo, 2021
Válido ate: 
mércores, 1 Decembro, 2021