Axudas para a contratación de persoal asalariado (segunda persoa condutora) e para o pagamento das pólizas de seguros no sector dos taxis - 2025


  • 27/05/2025
  • 30/09/2025

IF401A - Axudas para a contratación de persoal asalariado (segunda persoa condutora) e para o pagamento das pólizas de seguros no sector dos taxis - 2025

Data de publicación: 27/05/2025

Data inicio de solicitude: 05/06/2025

Data remate de solicitude: 30/09/2025

Obxecto

Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas ás persoas titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N para o pagamento da póliza do seguro do vehículo e a contratación dunha segunda persoa condutora.

a) Para a liña 1, poderán ser obxecto de subvención as persoas titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N domiciliadas en Galicia e que estean vixentes e activas na data de presentación da solicitude e na data da resolución de concesión da axuda.

b) Para a liña 2, poderá ser obxecto de subvención a contratación dunha segunda persoa condutora, a xornada completa e con dedicación exclusiva, realizadas dentro do período subvencionable, que comprende desde o 1 de outubro de 2024 ata o 30 de setembro de 2025, ambas as datas incluídas, polas persoas titulares de autorizacións VT-N domiciliadas en Galicia e que estean vixentes e activas na data da presentación da solicitude e na data da resolución de concesión da axuda. Só se subvencionará a contratación dunha segunda persoa condutora por titular de autorización, aínda que o solicitante da axuda poida ser titular de varias autorizacións.

Características da axuda

Con cargo á liña 1, será subvencionable o pagamento dunha parte da póliza do seguro pagada no período subvencionable, que comprende desde o 1 de outubro de 2024 ata o 30 de setembro de 2025, ambas as datas incluídas, salvo nos supostos en que o pagamento se realice de xeito periódico ou fraccionado, suposto en que terá que ter pagado, como mínimo, o importe a que ascende a axuda con anterioridade á resolución de concesión.

Con cargo á liña 2 será subvencionable a contratación dunha segunda persoa condutora que reúna as seguintes condicións:

a) Contratacións dunha segunda persoa condutora, a xornada completa e con dedicación exclusiva, realizada no período subvencionable, que comprende desde o 1 de outubro de 2024 ata o 30 de setembro de 2025, ambas as datas incluídas.

b) Pagamento da póliza do seguro, tras a contratación da persoa condutora adicional. No suposto de que o pagamento se realice de xeito periódico ou fraccionado, terá que ter pagado, como mínimo, o importe a que ascende a axuda da liña 2 con anterioridade á resolución de concesión.

c) A contratación do seguro debe ter unha vixencia mínima de 6 meses.

d) Engadir a segunda persoa condutora nos títulos habilitantes para a prestación da actividade de taxi.

A contía da axuda, por cada autorización VT-N, será a seguinte:

Liña 1: 240 €.

Liña 2: 2.000 €.

As dúas liñas de subvencións son compatibles entre si con carácter acumulativo e decláranse compatibles, de ser o caso, con outras achegas, axudas ou subvencións que para a mesma finalidade ou liña poida obter a persoa beneficiaria; non obstante, a suma total de todas elas nunca poderá superar o custo da actividade subvencionada.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias das axudas, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos, as persoas físicas titulares de autorizacións administrativas de transporte vixentes, documentadas en tarxetas da serie VT-N, expedidas pola Dirección Xeral de Mobilidade ou polos servizos de Mobilidade competentes.


Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido dende: 
martes, 27 Maio, 2025
Válido ate: 
martes, 30 Setembro, 2025