Publicada a orde que convoca as probas para a obtención de determinados carnés e habilidades profesionais

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a Orde do 16 de febreiro de 2023 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2023 pola que se establece o procedemento que seguirá a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para a realización dos exames encamiñados á obtención dos carnés profesionais e das habilitacións profesionais (código de procedemento ED527A) para o ano 2023, nas seguintes especialidades:

Carnés profesionais:

– Carné profesional de instalacións térmicas de edificios.

– Carné profesional de operador/a de guindastre torre.

– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.

– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.

Habilitacións profesionais:

– Operador/a industrial de caldeiras.

– Instalador/a de gas, categoría A.

– Instalador/a de gas, categoría B.

– Instalador/a de gas, categoría C.

– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I

– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.

– Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.

– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.

– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.

– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados.

– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.

Asemade, establece dúas convocatorias, en atención ao período do ano en que se desenvolvan.

Para seren admitidas á realización das probas, as persoas aspirantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estaren en idade legal laboral ou teren a idade mínima que, de ser o caso, poida exixir a normativa sectorial correspondente.

b) Requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente.