Subvencións do programa de comercio circular - 2023
- 08/09/2023
- 09/10/2023
-
Etapa
CO300D - Subvencións do programa de comercio circular - 2023
Data de publicación: 08/09/2023
Data de inicio solicitude: 09/09/2023
Data de remate solicitude: 09/10/2023
Obxecto
Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as subvencións para a execución de actuacións de comercio sustentable e circular.
Características da axuda
Considerarase subvencionable a adquisición de solucións sustentables de envasado e empaquetado realizadas con materiais cen por cento naturalmente biodegradables ou ecolóxicos. Poderase acreditar a sustentabilidade dos materiais utilizados mediante certificación, norma ISO ou equivalente que garanta que os produtos foron elaborados con prácticas sustentables e responsables.
En concreto, consideraranse subvencionables:
a) Comerciantes retallistas e obradoiros artesáns:
– Caixas e sobres de cartón ou papel reciclado.
– Recheos, proteccións acolchadas e escumas para a embalaxe.
– Cordas ou cintas de rafia, algodón ou outros materiais naturais.
– Film de material biodegradable.
– Etiquetas.
– Pegamento e cinta adhesiva.
– Bolsas comerciais de fibras naturais ou material reciclado.
b) Asociacións de comerciantes:
– Bolsas comerciais de fibras naturais ou material reciclado.
Establécense os seguintes investimentos máximos subvencionables:
a) Comerciantes retallistas e obradoiros artesáns:
Persoas beneficiarias | Investimento máx. subvencionable |
---|---|
Persoas autónomas e pemes de 0 a 10 persoas traballadoras | 3.000,00€ |
Persoas autónomas e pemes de 11 a 50 persoas traballadoras | 4.500,00€ |
Persoas autónomas e pemes de 51 a 250 persoas traballadoras | 6.000,00€ |
b) Asociacións de comerciantes:
Número de comercios asociados | Investimento máx. subvencionable |
---|---|
50-69 | 7.700,00€ |
70-99 | 10.000,00€ |
>=100 | 13.300,00€ |
O investimento mínimo que cómpre realizar para que o proxecto se considere subvencionable ascende a 1.000,00 €.
E as porcentaxes da subvención sobre os investimentos máximos subvencionables son os seguintes:
a) Comerciantes retallistas e obradoiros artesáns:
Persoas beneficiarias | Porcentaxe da subvención |
---|---|
Persoas autónomas e pemes de 0 a 10 persoas traballadoras | 80% |
Persoas autónomas e pemes de 11 a 50 persoas traballadoras | 75% |
Persoas autónomas e pemes de 51 a 250 persoas traballadoras | 70% |
b) Asociacións de comerciantes: 90 %.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións:
1. Comerciantes retallistas:
As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña, deberán ter o domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que teñan a condición de peme conforme o establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, incluídas as persoas en situación de autoemprego.
c) Que estean dadas de alta nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II da convocatoria e que esta constitúa a actividade principal.
2. Obradoiros artesáns:
Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
3. Asociacións de comerciantes:
Que teñan a condición de centro comercial aberto ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia, e ter unha antigüidade mínima de tres anos na data de publicación desta orde e estar ao día na obriga de aprobación das contas anuais pola Xunta Directiva nos dous últimos exercicios previos.